sábado. 10.05.2025
El tiempo
08:43
11/12/10

Xan das Crebas (I)

Xan das Crebas (I)
Comezamos hoxe unha nova proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, dende Fisterra, comezamos da man de Xusto Gómez unha nova historia, a de Xan das Crebas, un deses buscadores de tesouros... Ninguén mellor que Xusto para contarnos a súa historia.

Xan das Crebas (I)

Na metade do século pasado había en case todos os pobos costeiros da Costa da Morte xente que se adicaba, a patear as praias en busca de obxectos que a bravura deste mar arroxara nelas. Estes homes eran os "crebeiros", habíaos que o facían ocasionalmente cando a furia do inverno deixaba aos mariñeiros moitos dias sin ir a pescar, e sin ter un corrocho de pan que levarlle aos fillos, e tamén, había quen eran semiprofesionais que combinaban esta laboura coa do campo. Xan das Crebas era un destes últimos, tiña un gran renome na bisbarra, sempre que ía á praia atopaba algo, ben fora tablóns, caixas, botes de manteiga, e restos dalgún naufraxio que por desgracia abundaban naqueles anos. Xan, era forte e alto, pero tamén teimudo, e non lle gustaba nada que lle "embalaran o mar". Cando, chegaba á praia antes da raxor do día e decatábase que non era o primeiro, argallaba algunha fechoría pra "espantar" aos outros crebeiros, claro que, xa levaba pensado o que facer (esto hoxe en día chamase o plan "B" ). Pois, un día de inverno duro, estando Xan baixando pra praia, sentío que se lle viña acercando unha persoa que traía unha caixa bastante pesada, decatouse por que sentíao respirar moi apresa, tanto que case afogaba. "¡Moi ben!", pensou Xan, hoxe vaime ser doado, e nisto tirouse ao chan, desabrochou a camisa e deixando que o mar lle mollara ata os nocellos, e fixose o morto. O outro home ao chegar á súa altura dixo: - "¡Arredemo, un morto!", ao mesmo tempo que arroxaba a caixa e correndo como se vira a mesmísima "rolda" marchose co pasmo no corpo, levou dous días sin verse por as praias. Así era Xan, pero non creades que non tiña sentimentos, pois dunha vez atopou a un crebeiro chorando no camiño a praia.....(continuará)

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios