Venres. 04.10.2024
El tiempo
Cristina Plaza
07:51
06/02/24

A saúde mental

A saúde mental

Actualmente, vivimos nunha sociedade ignorante que tende a desprezar as persoas que padecen enfermidades mentais, mais chegaremos algún día a darlle o valor que se merecen?

En primeiro lugar, a xente nova sofre cada vez máis enfermidades mentais. De feito, a Organización Mundial da Saúde estima para 2030 estes problemas como principal causa de discapacidade mundial. Por iso, a saúde mental é tan importante como a física, o cerebro é un órgano como calquera outro e pode enfermar.

En segundo lugar, é relevante tomar conciencia acerca desta preocupación. Incluso ciencias como a psicoloxía clínica ou psiquiatría afirman as ideas erróneas da mente por mor das enfermidades mentais. Ademais, podemos padecelas en cuestión das situacións que cada un atravesa, como dixo Locke “a mente é unha folla en branco que enchemos coa experiencia”. Porén, coa ameaza das redes sociais, as comparacións e presións consomen os adolescentes.

Finalmente, o problema de saúde mental é unha barreira significativa en que moitos adolescentes por medo a ser xulgados prefiren ocultalo. A sociedade hoxe en día é incomprensible acerca disto. O esencial para axudar a persoas con estes trastornos sería ter empatía pois sentirse entendido, leva a unha liberación interior enorme. Unha frase que triunfou na película El Joker  amósanos esa realidade “O peor de ter unha enfermidade mental é que a xente espera que actúes como senón tiveses”.

En conclusión, a saúde mental é un tema serio que debemos valorar ao igual que outras enfermidades. É de intelixentes saber cando necesitas axuda, e atreverte a pedila non che fai covarde senón valente. Non hai saúde, sen boa saúde mental.

  • Cristina Plaza. Alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira.

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios