Sábado. 27.04.2024
El tiempo
Sergio Pose Romero
19:23
05/11/23

Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?

Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?

Tras a visita do presidente estadounidense a Israel co fin de negociar a apertura dun corredor humanitario e así, tratar de frear a escalada bélica. Podemos chegar a preguntarnos, por que occidente está lexitimando a ‘’autodefensa’’ dun país que nin tan sequera respecta os dereitos básicos?

En primeiro lugar, o impactante de todo isto é porqué hai que negociar algo que nun conflito bélico é obrigatorio, recollido explicitamente nas leis internacionais humanitarias que Israel, sen represalias doutros países, está infrinxindo constantemente. Ben é certo que previamente houbo un ataque por parte de Hamás, pero esta organización nin representa o lexítimo goberno da Franxa de Gaza, nin por tanto, representa á totalidade da poboación deste territorio.

Porén, independentemente dos conflitos políticos de ambos os países e obviando que Israel leva anos atacando Gaza apoiado por un silencio internacional, é necesario observar que se están bombardeando urbanizacións, hospitais… nos que viven civís aos que se lle está negando o dereito á vida ao deixalos sen recursos e non abrir corredores humanitarios que permitan a súa evacuación.

En conclusión, o apoio occidental (que non accidental) a un país que non respecta os dereitos humanos (cuxa declaración recolle no artículo terceiro, o dereito a vida), deixa á vista que cando hai intereses económicos e políticos de por medio, só somos corpos que funcionan como medios para chegar a un fin.

  • Sergio Pose Romero. Alumno de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira.

​Outros artigos semellantes

Máis artigos do alumnado do IES Terra de Soneira

Comentarios