A necesidade de salvar as nosas praias
As novas transmiten preocupación ao pobo galego. Nos últimos días, un cargueiro de granulado, sofre a perda dun colector destes que acaban por expandirse por toda a costa galega.
Para comezar, os altos cargos da política están a manterse á marxe neste tema tan preocupante. Son os habitantes galegos os que están dedicando parte do seu tempo a ir ás praias e tentar, sen resultados, acabar con esta catástrofe medioambiental. O granulado ten un diámetro de 0,5 milímetros e, polo tanto, pode esconderse moi ben entre a area. O que máis se ve na televisión son persoas que levan cribas da casa para poder separar a area das circunferencias plásticas.
Para continuar, unha situación semellante vivírase anos atrás co Prestige, un momento que marcou un antes e un despois na historia de Galicia. Hoxe, este material, ten unha cor, tamaño e textura diferente, pero a gravidade é a mesma. A fauna mariña está en perigo e a contaminación ten uns barómetros disparados. É indignante a pouca visibilidade que se lle está dando a este tema.
En conclusión, Galicia é un lugar que destaca pola súa incrible fauna e polos lugares tan máxicos que parecen sacados do trópico, por iso mesmo, se queremos seguir conservando o seu distintivo, necesitamos facer algo para poder salvar as nosas praias.
- Claudia Roget Antelo. Alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira
ARTIGOS RELACIONADOS
- Sole Méndez (Narea): Encabezonamento: Uns e outros, e a praia por varrer….
- Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula): A contaminación do mar polos pellets de resina e a contaminación mental
- Nando Lestón: Limpade vós... limpádevos.
MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA
- Sergio Pose Romero: Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?
- Luzía Roget (IES Terra de Soneira): O Aborto.
- Mateo Calzas (IES Terra de Soneira) : Que é un penedo?.
- Enma Pérez (IES Terra de Soneira): A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?
- Claudia Roget Antelo (IES Terra de Soneira): Os Penedos de Traba e Pasarela.