Luns. 29.04.2024
El tiempo
Nando Lestón
11:14
13/06/23

Un novo Deus... Abalado sexa

Un novo Deus... Abalado sexa

A socialización das persoas que, habitualmente ao longo da historia, se facía de ti a ti, de persoa a persoa, pouco a pouco se vai substituíndo pola socialización tecnolóxica, que afonda indiscutiblemente na falta de relación interpersonal e empática, necesaria para unha convivencia san e estable.

Dúas sociedades completamente distintas están a nacer no noso mundo, no actual, no que coñecemos.

Unha é a sociedade tecnolóxica que ve na tecnoloxía todo un compendio de virtudes que transitan entre a esperanza da cura do cáncer e a expansión galáctica, que os levará a outras latitudes estelares onde se presume serán máis felices. Non semella que se sintan a gusto neste marabilloso planeta no que, non fai tanto, facías un furado, metías dentro unha misteriosa semente e nacía un alimento. Sinxelo, creativo e eficiente.

A outra é unha sociedade máis humana e naturalizada, que se ergue todos os días defendendo algun tramo do seu territorio, ríos, mares, bosques, etc... destruído ou extraído en forma de materia prima, precisamente por e para eses avances tecnolóxicos.

É posible que dentro de non tanto, as persoas prefiran unha Intelixencia Artificial que lles ensine, como maestro robótico, a pintar ou a tocar música. É posible que esas persoas ganen en aprendizaxe, pero perderán certas cualidades como son a amistade, a empatía, o pensamento creativo e sobre todo a meditación e reflexión activas, así como o pensamento abstracto; procesos mentais e cerebrais necesarios para completar, contemplar e dar forma final a todo proceso vital creativo.

Os que temos como oficio a creación artística sabemos de seguro que non hai máquina no mundo que nos faga sentir o que sentimos no proceso da creación. Son muitas, e ás veces fondas, as experiencias emocionais que experimentamos e de cando en vez, soportamos. Soportar... unha máquina nunca saberá o que é soportar.

Dubido que algunha vez a máquina poida distinguir entre soportar un insulto como “canalla” a que que lle chames “canalla” á túa parella durante o xogo erótico.

A máquina aprende palabras e deberá aprender a distinguir un sistema emocional complexo para non tratar todo como un insulto.

Pero o asunto é tan alucinante e bizarro que sendo os humanos xa capaces de distinguir un canalla de outro canalla, fiaremos finalmente á maquina ese intre emocional no que distinguirá por nós e é posible que se lle acabe dando a razón á máquina.

Tampouco son eu tan descerebrado como para non dar conta do positivo dalgúns avances tecnolóxicos, que non científicos, que nos fan avanzar como sociedade. Pero tamén son consciente de que onde hai un avance tecnolóxico tamén avanza un problema.

A estas alturas a tecnoloxía creou tantos avances como problemas que non había.

Mesmo unha pequena búsqueda na rede pode dar como resultado o “jakeo” dalgunha conta bancaria ou a sustitución dunha identidade. Xa non falo dos datos persoais.

Pois ben, na sociedade tecnolóxica actual, trocamos con facilidade case cínica unha amiga por un bó ordenador ou gafas virtuais que nos darán unha experiencia que, sen dúbida, merecerá a pena “experimentar”, que non vivir, porque non se pode vivir se non é na vida real. Poderá ser unha experiencia vital pero non de vida, porque o que sucede nas gafas, non é real... é virtual. Existe o mundo dixital e máis o analóxico. Non son o mesmo mundo. Un vinilo non é un CD, non podes ter a experiencia de CD en vinilo e viceversa. 

Só se pode vivir a vida, e a este paso cada vez serán máis as carencias emocionais e intelectuais humanas. que serán suplantadas polas máquinas tecnolóxicas. Non falo dunha chave inglesa, que tamén é tecnoloxía. Falo de pensar por ti mesma, Siri.

Como interpretará o sutil xesto de pasar pola túa compañeira, rozala co codo e dicirlle “canalla”, sen que lle semelle un insulto. A máquina aprenderá da situación pero aparecerán outras “situacións” de xeito espontáneo que a sumirán no lado intrascendente da vida... non entenderá... pero aprenderá.

En definitiva, na vida non te podes sacar a gafas virtuais para deixar de ter medo ou desilusión, apatía ou caos; non se pode fuxir da vida, pero nun momento dado podes sacarte as gafas na realidade virtual ou na Intelix. Artificial. Aí radica o gran dilema... que xa non quiras quitarte as gafas e que a realidade virtual sustitúa, por agotamento, á vida real. Píldora vermella ou azul... así se construirán as duas sociedades diferentes coas que comencei esta reflexión.

As culturas e sociedades contemporáneas foron posibles e colleron estes derroteiros gracias a inventos ou descubrimentos. Pero tivemos que observar, descubrir, estudar e entender como funciona a electricidade para inventar o pararraios.

Agora temos entre mans un invento que non sabemos para que sirve e observaremos, descubriremos, estudaremos e entenderemos que sirve para todo e para nada. Éste é o contexto.

E neste contexto, case de distopía, comenzamos a vivir e experimentar a existencia desas días sociedades que non son máis que dúas estruturas mentais que costará fusionar, como a auga máis o aceite. E non vale dicir que xa hai móbiles ou lavadoras intelixentes, non, dstas sempre dependerán dun botón. Espero que haxa sempre un botón de apagado.

Tamén nos dirán que a IA salvará vidas... xa verás tamén como se cargará outras.

Imaxinade isto por un intre: 

Un neno, nalgunha parte do mundo come iogures de fresa.

O iogur sintetizou, en proceso de laboratorio, os olores e aditivos polos que recoñecemos que é de sabor a fresa.

Agora dalle ao neno unha fresa de verdade, real. É plausible que ao neno ese sabor real e auténtico non lle guste e prefira o sabor e o olor sintetizado do iogur de fresa.

Por iso a realidade virtual ou a IA son como os iogures con sabor a fresa, unha sensación de vivir que sirve para todo e para nada.

Non fai tanto ,un bo amigo meu dicíame... ”a esta ferramenta (a IA), se lle pides que che pinte un crocodilo coa Torre de Hércules no lombo atravesando un río cheo de esmeraldas con forma de petunia, vaino facer”... e eu díxenlle... ”por que será que en toda a historia da arte a ninguén se lle ocurriu pintar algo semellante?"
E el, con ávida respota, retrucou... ”pois porque nunca existirá esa experiencia na realidade” e eu volvín a decir... ”entón para que sirve”? E el volviu a contestar... ”para nada tío... pero mola”.

Do mesmo xeito nos venderon o teléfono móbil como calquera cousa menos como teléfono, pero ten pantalla táctil. Non hai, en realidade, tanta diferencia en apretar unha tecla ou unha pantalla o esforzo que se fai non xustifica o invento pero mola. Tamén mola a selva do Congo, onde está o 80% das reservas de coltán para a jodida batería que lle dá vida a ese aparato no que a xente se destripa no twitter e fai chorradas no tik tok. Así que, A INVENCIÓN HUMANA E A SÚA ESTUPIDEZ VAN DA MAN... DA MAN DE QUEN NON SE SABE... PERO VAN.... PARA QUE.... XA VEREMOS... PERO MOLA, TÍO.

Aínda así e todo queda unha pregunta por contestar: por que imos sempre por detrás da tecnoloxía?

E unha resposta posible é que a tecnoloxía é como a xusticia, non sempre é xusta, cega para case todos menos para os que saben de leis.

Si, pero un xuiz tamén pode acabar no cárcere.

Amigo. Aí é onde entra o factor humano. Sempre o dichoso factor humano!!

Non é pesimista... é real.

Costa da Morte 2043... Prozac para todos en vez de café.

Ou pildorita azul.

En calquera caso, se iso, xa o discutiremos na taberna, que é onde se arranxan todolos asuntos.

Orbuá “máquinas”.

  • Nando Lestón. Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios