Martes. 16.04.2024
El tiempo

Prestige Eólico

Prestige Eólico

O 13 de novembro de 2002 moitos e moitas puxéronse o monocasco para berrar e protestar contra as ondas negras que salpicaban de petróleo as penas por toda a costa, monocascos guerrilleiros para abandeirar un Nunca Máis na solapa, para fotografiarse nas trincheiras cun puro na boca, cunha mueca de asco ensaiada coa que recibir aos camarógrafos.

E falando do que vivín con cada sentido e que non permitín deixar arrastrar polo olvido comparto aquí nestas liñas o sucedido e vivido. Tocoume ser testigo da negrura que asolan os mares internos, tocoume asistir á manifestación dos sentimentos dalgúns mariñeiros, da súa ledicia polo vertido económico que provocou un dos grandes desastres ecolóxicos na Costa da Morte. Moitos mariñeiros celebraron durante meses polos bares o vertido de petróleo pola costa que tanto queren nas redes sociais, uns a grito de “outro prestige”, outros máis comedidos insultando cando non había máis testigos que os demos amigos, pois era unha vergoña por aquel entón para esa “representativa maioría” que xente coma min fóra de voluntario limpar ás rochas e as praias da cruda realidade, pois según eles estabas a quitarlle o seu traballo de limpeza tan ben remunerado, estabas acortándolle os meses de “boa vida” que lles regalara o afundimento do Prestige.

Pasaron os anos e ningún cambio a mellor se albisca dende o meu punto de vista, contrario a esa “representativa maoiría”, a eses que antes se tapaban cunha bandeira de Nunca Máis para dormir entre as rochas durante as horas que cobraban por limpar, a eses que hoxe publican fotografías no Instagram alardeando da beleza natural da Terra que disque din que tanto queren polos bares e que ao cerrala porta da casa ebrios de cobiza abofetean, escupen e insultan ... disque din que lle pegan porque a queren moito.

Para construir unha turbina eólica fan falta un mínimo de 20 toneladas de aluminio e 500 toneladas de aceiro, ademais das monumentais toneladas de cobre que tamén se utilizan para o transporte enerxético. É moi querido o cobre polos amantes das “enerxías renovables”, tanto que en 30 anos fanlle falta máis toneladas de cobre que a utilizada pola humanidade en toda a súa Historia ata o día de onte. En Galicia últimamente é moi querido o aluminio e as minas de caolín coas que mantén relacións íntimas fóra do matrimonio, por non falar do amor polos eólicos que intentan disimular cando fotografían o entorno, será por vergoña?

Chuquicamata é unha mina de cobre a ceo aberto situada en Chile, onte medía 4 quilómetros de diámetro por 1 quilómetro de profundidade. Para extraer e refinar o material a mina de Chuquicamata consume 2 mil litros de auga por segundo, extraendo máis auga da que produce a natureza local ao tempo que cos ventos aniquilan a vida a miles de quilómetros cadrados a redonda co polvo residual da extracción. Cada mes aumenta o número de empregados e máquinas ao mesmo ritmo que morren de cancro de pulmón os habitantes da cidade máis próxima, Antofagasta, a 4 horas en coche da mina, os pobos non existen. No 2016 o médico Aliro Bolados publicou os estudios e investigacións feitos durante anos demostrando a catástrofe sanitaria presente en cada barrio da cidade e advertindo da trasmisión xenética dunha maior susceptibilidade para padecer o habitual cancro de pulmón dos seus habitantes.

Na cidade de Baotou na zona mongola de China pódense divisar lagos artificiais monumentais dedicados por completo ao refinado de terras raras, gozando da visita e prostitución dos gobernos mundiais. As turbinas e o motor que fai xirar as aspas concentra gran cantidade deses metais raros. As “augas” dese lago están compostas principalmente por ácidos, flúor e mercurio, ainda que tamén se atopa presente o torio (elemento radiactivo). Estes elementos fíltranse na atmósfera e no solo dando lugar a unha contaminación atmosférica inmensa creando nubes descontroladas que arrasan coa vida ao seu paso, obrigando a Nai Terra a vivir cunha eterna mascarilla que Ela non está a disposta a levar por máis tempo soa.

Neste modelo económico extractivista non interesa o impacto na saúde nin no medio ambiente, só producir e producir a calqueira costo creando zonas de sacrificio alonxadas das zonas de “progreso”, sacrificando o territorio, a xeografía, a bioloxía, sacrificando a Vida para poder seguir de festa, o modelo mariñeiro do prestige non foi unha excepción.

Esta “transición enerxética” adquire tintes absurdos que os festeiros asumen con normalidade, pois para fabricar aeroxeneradores intensifícase o uso do carbón nas zonas de sacrificio, por exemplo no ano 2020 China comezou a construcción de 12 novas desas centrais. Contamínanse rexións enteiras de miles de quilómetros cadrados nas zonas de extracción onde xa non medran nin as herbas; destruénse montes para colocar os aeroxeneradores arrasando co equilibrio biolóxico, e isto faise para paliar a concentración de CO2 atmosférico??? Evidentemente non, a deforestación másiva para a producción e plantación de eólicos contravén o sentido común, disminuindo o potencial de asimilación de CO2 atmosférico ao tempo que se añaden novos metais contaminantes de forma masiva a atmósfera acelerando coas “enerxías renovables” o ocaso da Vida, dotando ao cambio climático dun motor a reacción. A día de hoxe ninguén sabe como reciclar os aeroxeneradores obsoletos e acumúlanse palas nos montes de onde xa non son nen recollidas.

Non existe un produto de Impacto Cero que supoña cero emisións e que sexa 100% ecolóxico, aínda que os soldaditos de plomo compren todos os días productos así etiquetados, non existen. A nosa Vida ten un impacto na Terra igual que na nosa casa, no noso piso, no noso pobo, pero podemos optar por limpar e recoller cada día ou ir acumulando merda apoiados nunha economía que permita ter 3 casas, 4 pisos e 5 pobos para poder ter moito espacio onde ir acumulando merda, algo que a moitos lles parece moi lícito pois só lle importan os veciños cos que van de viños, só lles importa o salario a fin de mes sendo este o que dicta a moral dos seus actos, así os que cobran dous mil euros ao mes por traballar nos eólicos deféndenos coa súa Vida sen importarlle a dos demais, e si se estropea alguen, tiramolo que xa empadroaremos outro, un aprendizaxe asumido de cativos amoldado en exclusiva ao diñeiro.

E así andan de prestige en prestige los hijitos de plastilina, coa ditadura da negrura do océano da súa alma para todo canto lles rodea, esa é a solidaridade que representa a maioría absoluta que co paso dos anos agranda a súa cobiza apoiados na súa masculinidade asexuada. Así onde a maioría se aledaba da chegada polos mares do engrudo económico hai 18 anos, hoxe moitos máis se aledan da chegada dos eólicos, con tintes tan absurdos como asociacións “medio-ambientais” que de cara se opoñen a eles e de espaldas firman a súa plantación cos caciques de turno, os mesmos aos que lles importa menos a lexislación do uso do cianuro que a maquillaxe da súa cara dura, as mesmas ás que lles molestan as dunas para tomar os viños nas terrazas do Seu pobo, porque din que lles pertence en propiedade o territorio para plantar nel o que lle salga do rabo, campos de amapollas sembrados pola dictadura da súa virtual “intelectualidade” que non virtuosa, iso queren os que non gustan de máis festas que as protocolizadas polos seus rabos. Lume! que bailen e berren os seus incoherentes cantos, así estarán sempre xeolocalizados. Asociación “medioambiental” disque jajaja contradícense!!

Para quen teña un mínimo de interese pola Terra e o medioambiente recoméndolle non fiarse de asociacións de militantes militarizados que ditan os sentimentos na búsqueda de asentos, antes chamábanse sectas. Tamén recomendo estes dous documentais de aceso gratuito: “La cara oculta de las energías renovables” é “El termostato global” (actualmente en rtve)

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con gañas de darlle alma a Vida, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar, Animal salVaxe e Vexetal silVestre fundido nun abraZo que nunca xamais volverán a facer pedaZoS.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

 

Novas dos Eólicos

 

Novas do #Prestige

 

Comentarios