Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes

08:28 21/04/16

Cascada dende 2ªB
A cousa vén dende a 2ª B, onde o descenso do Compos, arrastraría ao Ordes, nestes momentos da 3ª, uníndose aos Bergantiños, Verín, Ribadeo e Noia. Destes, Ordes, Bergan, Noia e Ribadeo virán para o Grupo Norte da Preferente, o que provoca que, nestes momentos, o Xallas estea virtualmente descendido, xunto co Estudiantil, Villestro e Puebla (tamén afectados polos arrastres) ademais dos Ribeira, O Val e Dumbría. Moi costa arriba se lle pon ao Xallas a permanencia trala derrota no derbi, pois tal e como están as cousas, está a 7 puntos (da Sarriana) a falta de 5 xornadas. En 1ª Autonómica hai unha peculiaridade, pois ademais do Xallas, Dumbría, Puebla, Villestro e Ribeira, hai rumores de que o Lalín, a pesar de ser pontevedrés, viría para o Gr.2 (o costeiro) mentres que o seu veciño Estudiantil faríao para o Gr.4.Estes 6 descensos provocaría unha cascada terrible na 1ª, e descenderían ata 9 descensos, chegando ata 10ª praza, rozando ao Outes, que aínda terá que pelexar a permanencia. Baio, Corme Malpica están practicamente sentenciados. E na Liga da Costa, estes 3 descensos arrastrarían 3 equipos ademais dos dous descensos fixos. A día de hoxe, Buño (que está empatado co Porteño a 30 puntos pero co golaverage individual en contra; e 1 por debaixo do Coristanco), Ameixenda e Volantes, acompañarían a Carnota e Cabana no descenso á 3ª.Novas relacionadas
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica! E o Montelouro… case.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC(info@quepasanacosta.com)