Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga

16:29 14/02/17

Contas e plan industrial enganosas
Dende o Comité lamentan as contas presentadas pola dirección. Consideran que os 252 millóns de euros brutos da suposta venda a Brookfield (por certo, empresa que aínda non se puxo en contacto cos traballadores a pesar da carta enviada polo Comité), non son “unha oportunidade de negocio”, como quere vender a empresa, porque critican que “os datos que nos presentaron son irreais. Din que as centrais hidroeléctricas da zona dan 8 millóns de euros de beneficio e nós sabemos que dan entre 25 e 30 millóns, e así as contas cambian moito. Porque fan as contas como eles queren, xa que a xesións das centrais a leva outra empresa do Grupo, Grupo Villar Mir Enerxía, polo que os beneficios os contan segundo lles convén”, sinalan dende o Comité. Pedro Larrea insistíu en que non hai ningún escenario no que se poidan chegar a pechar as fábricas costeiras, e asegurou que o Plan Industrial aumentará nun 40% os postos de traballo, asegurándoos durante 7 anos. "Pedro Larrea volveu hoxe contarnos as bondades dun presunto plan industrial e o que leva é unha folga en marcha. Este comité non está disposto a negociar ningún proxecto industrial que se sustente na venda e segregación das centrais hidroeléctricas, rachando a legalidade vixente, e descapitalizando a empresa. Terá toda a nosa disposición ao diálogo cando nos presente un proxecto financiado a través dun plan plurianual de reinversións en todas as actividades que o grupo explota. Mentres isto non ocorra, seguiremos coas mobilizacións até onde faga falta", conclúen dende o Comité. Así mesmo, critican as promesas do chamado Plan Industrial. “Xa andan dicindo que van crear 100 postos de traballo novo, e non chegarían nin a 40. Falan do Forno 23, que xa é un debe que teñen dende hai tempo, e daría só 16 postos; falan dunha pranta de sintentizado de mineral de manganeso, unha pranta de prensado, que crearía só 8 postos; e falan dunha pranta de carbón vexetal, que sabemos que está creando 12 empregos. Son 40, e non 100 directos como andan dicindo”, apunta Mouzo. ”Non lle cremos nada, así que xa lles presentamos a folga”, sentenza. Outro paso dunha loita sindical que vai moito máis alá que uns cantos postos de traballo.Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)