Preferente: O fútbol foi só solidario co Sofán

11:18 05/12/16
O Carral viviu unha festa solidaria que rematou cunha manchea de xoguetes para as familias máis necesitadas e 3 puntos no peto. Xallas e Soneira non tiveron tanta sorte.
Ambientazo no partido solidario do Sofán no Carral-Foto-SD
Coa mirada xa posta na Copa da Costa deste martes, repapasamos os choques dos equipos da Preferente.
Sufrida vitoria a que lle puido render a SD a toda esa afección (máis de 300 persoas) que encheu de xoguetes o Carral, para colaborar coa campaña da Cruz Vermella. Comezou o partido moi ben ante un histórico do fútbol galego, e Félix e Eibe metían en xusta vantaxe aos de Josito. Pero unha “páxara” de 6 minutos metía de cheo ao Betanzos no partido, deixando o partido en táboas ao descanso.
A segunda metade foi moito máis aburrida. Ningún quería perder e non houbo riscos. Tivo que ser a calidade de Luís a que decidise o choque nunha das poucas ocasións do segundo tempo tras unha fermosa xogada individual.
O partido do Carral serviu para unha colleita de xoguetes para que a Cruz Vermella reparta cas familias máis necesitadas de Bergantiños-Foto-SD
“Unha meiga para o gol”
Partido para esquecer dun Soneira que segue con grandes problemas para anotar, como o refrendan os seus números, pois con 18 goles só a Sarriana marca menos tantos.
Unha primeira parte con pouco fútbol por ambas partes, chegando o único tanto do partido tras un balón longo ás costas da defensa soneirá.
Na segunda, o Soneira saíu presionando arriba e o Lemos non pasaba do medio campo. Aos poucos minutos unha boa xogada de Basti e Pichi acaba co balón ao pau do sorprendente pichichi soneirán. Tampouco acertou o propio Pichi a 10 para o final ao rematar unha falta botada por Jota, desta volta foi o porteiro o que desbaratou a ocasión e deixou ao Soneira sen premio e a 3 puntos da zona de salvación.

Ribadeo - Xallas (4-1)
- Campo: Pepe Barrera.
- Xallas: Julián, Cristian (Danis, m.85), Brian, Barreiro (Manu, m.82), Brais, Rubio, Doro, Fernando, Róber Pladur (Anxo, m.65), Camilo e Kevin (Marcos, m.65).
- Goles: 1-0, m.12: Zoran; 2-0, m.25: Mauro; 2-1, m.44: Dro dende o borde da área; 3-1, m.52: Miguel; 4-1, m.57: Rafa.

Sofán - Betanzos (3-2)
- Campo: O Carral.
- Sofán: Dani Varela, Iván Rey (Seo, m.59), Sera, Felix, Sito (Alex Figueiras, m.71), Fabián, Jacobo Eibe, Franchu (Adrián, m.56), Iván Rojo (Quintela, m.56), Luís e Raúl.
- Goles: 1-0, m.13: Felix; 2-0, m.32: Eibe de falta; 2-1, m.36: Prosi; 2-2, m.42: Mon; 3-2, m.73: Luís.


Lemos - Soneira (1-0)
- Campo: A Pinguela.
- Soneira: Anxo, Jota, Oscarín (Casal), Rubén Forján, Óscar, Sandelo (Jose), Pichi (Darío), Brais, Basti, Javi e Vía.
- Gol: 1-0, m.26: Diego Núñez.

Máis información
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.