![Esta mana roubaron en Coristanco unha furgoneta da empresa de transporte Integra2]()
Esta mana roubaron en Coristanco unha furgoneta da empresa de transporte Integra2
Restaurantes, comercios e incluso baixos de viviendas das zonas de Bergantiños e Soneira foron estes días o obxectivo dunha banda de ladróns que parece imparable. A última das sustraccións tivo lugar esta mesma mañá co roubo dunha furgoneta de reparto con
matrícula 0262 JJX da empresa Integra2 na zona de Coristanco.
Segundo indican dende a compañía de transporte, con delegación na Coruña, o roubo prodúsoxe
sobre a unha da tarde cando un dos seus repartidores estaba facendo o reparto de paquetes pola zona. O roubo xa está denunciado na Garda Civil e ao longo de toda a tarde hai varias persoas intentando localizar o vehículo sen éxito.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)