![cachibol-santa-comba]()
Máis de cen xogadores e xogadoras de toda a comunidade daranse cita este sábado en Santa Comba
O pavillón municipal de Fontenla vivirá este sábado - 12 de novembro - a festa do Cachibol Galego. Así,
máis dun cento de xogadores e xogadoras daranse cita en Santa Comba para xogar a este deporte onde prima o xogo limpo e a amizade. Esta xuntanza chega á localidade xalleira despois do seu paso por Vigo e Ourense.
O cachibol é un deporte único en Galicia dentro de España e de Europa. Só en México existen competicións reguladas e encontros de diversas ligas por idades. Este singular deporte foi importado por Antonio Piñeiro, mestre de Educación física vigués, que o coñeceu nunha viaxe a terras aztecas. Con posterioridade, extendeuse na comunidade a a través de distintas iniciativas de entidades públicas e asociativas, ainda que agora tan só pervive na área metropolitana de Vigo, en Ourense, e na provincia da Coruña en Mesía e en Santa Comba.
Regras de xogo
Este deporte ten súas regras propias, coa especial mención a que o resultado ideal é o empate, porque o grande da actividade é o proceso, o feito de xogar e relacionarse a través dun balón e de dous equipos que xogan xuntos, non en contra. O deporte aseméllase ó voleibol, aínda que coa posibilidade de coller o balón coa man, e sin poder empregar unha forza excesiva. Trátase de empregar a imaxinación, a coordinación e os enganos corporais, para conseguir que o balón caia no campo do oponente.
En Santa Comba iniciouse esta deporte a través dun programa da Xunta de Galicia no ano 2008. A partir do ano 2009, o concello asumiu o cachibol como actividade dentro do seu programa, que regularmente reune a máis de 40 persoas no pavillón municipal xalleiro dous días á semana. As xogadoras e xogadores xalleiros participaron en diversos encontros a nivel autonómico en Ourense, Vilalba e Vigo en dúas ocasións, onde manteñen unha gran relación coa asociación deportiva Xogara, que difunde esta actividade en diversos centros e organizacións da capital olívica.
Horarios
![festa-cachibol-santa-comba]()
Para este sábado está previsto que xoguen simultáneamente en diversos campos instalados na pista de Santa Comba 30 xogadores de Ourense, 20 de Mesía uns 50 de Vigo e unha trintena dos anfitrións de Santa Comba.
Os encontros comezarán a partir das 11 da mañá e alongaranse ata aproximadamente as 13:30 horas.
Con posterioridade tódalas delegacións cachiboleiras de Galicia compartirán un xantar conxunto nus espazo moi especial. No recinto feiral de Santa Comba celébrase a 2ª festa do Magosto, e nese evento terán un espazo para repoñer forzas os xogadores, xunto cun amplio número de veciños, compartido comida, baile, festa e incluso programa televisivo “Aquí Galicia”, da TVG.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Santa Comba