Un lienzo chamado Carballo

Declarámonos siareiros incondicionais do proxecto Facebook “Derrubando Muros con pintura. Consideramos esta iniciativa con fondos municipais pioneira en Galicia e cremos que pode estenderse por outras zonas do país.
Un proxecto para cambiar a cor de Carballo, e que o que eran edificios grosos e feos, se convirtan en lenzos para crear obras de arte urbana. Así, Carballo é todo un museo ao aire libre, onde o graffiti é o principal protagonista.
Derrubando Muros ten o seu cumio co festival Rexenera Fest, que se desenvolveu entre maio e xuño do pasado ano, e xa quece motores para este 2016. Para que nos decatemos da potencia do proxecto, A.L. Crego e o equipo de Mutante Creativo veñen de realizar este vídeo resumo da primeira edición do Festival:
Rexenera Fest 2015 from A. L. Crego on Vimeo.
Un pouco de historia
Como nos contan a través das redes sociais, o movemento Derrubando Muros naceu das bases, das inquedanzas de dúas mozas que solicitaron uns "muros" á corporación municipal para explosionar con cores as súas inquedanzas artístiscas e vitais a un tempo. A resposta positiva do Concello, a aposta e confianza posta na xuventude e na súa iniciativa son exemplo dunha política como exemplo a seguir. De feito, a transparencia acompañou ao proceso en todo o momento, daí que Mutante Creativo, por méritos, se convertesen en comisarios do Rexenera Fest.
Para entender isto, cómpre achegarse a súa traxectoria. Atoparemos, novamente, unha iniciativa dende abaixo; autoxestionada; referente en Galicia e pioneira que Mutante Creativo leva a xestionar desde fai case unha década, un incribe Festival de Arte Internacional, o DesOrdes Creativas, en Ordes. A motivación: a inquedanza e o sentir desta mocidade por cambiar e mutar o aspecto do seu pobo. Con isto soamente quero facer fincapé en dúas cuestións:- 1ª.- Exemplar, unha vez máis, a resposta da corporación municipal de Carballo. Exemplar. Mais non lle restemos méritos aos NI-NIs.
- 2º.- Esas son pernas e non as da miña muller? Na costa contamos cunha gran canteira de artistas para facer o mesmo, quizais non "especializados" na arte mural. Curiosamente, un dos membros de Mutante Creativo é da Costa da Morte; senten paixón por esta terra
Ademais, son e foron chamados a participar en proxectos internacionais. Tamén na súa faceta musical, SOKRAM, Dios Ke Te Crew, A Taberna de MOU.
Máis información
Novas relacionadas
- Un novo mural contra o feísmo urbano.
- Máis vida circense para os muros carballeses.
- Os muros de pintura carballeses exténdense a Pontevedra.
- Rexenera Fest 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.
- As pintadas carballesas seguen derrubando muros.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).