Un quimiqueiro queda á deriva fronte a costa de Fisterra
07:09 02/02/17
O quimiqueiro Alsterstern, de 161 metros de eslora, quedou sen goberno por un problema no motor
Sobre as 16:30 horas desta tarde, o buque quimiqueiro Alsterstern quedou á deriva fronte as costas de Fisterra despois dun problema no motor. O barco, de 161 metros de eslora e cunha capacidade de carga dunhas 17.000 toneladas, dirixíase a Lituania e, segundo informa Salvamento Marítimo, non levaba carga. O quimiqueiro foi remolcado a Vigo.
Segundo a conta de Twitter de Salvamento Marítimo, mobilizouse tamén o remolcador Don Inda "por seguridade".
Esta incidencia en pleno corredor marítimo de Fisterra pon en evidencia a falta dun plan de emerxencia real nunha zona pola que pasan uns 40.000 barcos ao ano que transportan mercadorías perigosas.
Alerta vermella
Segundo sinala Salvamento Marítimo, o remolcado foi complicado debido ao estado do mar. Precisamente, o litoral de Coruña e de Pontevedra atópase en alerta vermella debido aos fortes ventos e choivas que deixará unha profunda borrasca procedente do Atlántico.
Nas últimas horas rexistráronse xa rachas de vento de 107 km/h en localidades como Vimianzo e ao longo da noite espéranse olas de ata 8 metros no mar.
Novas relacionadas
- 03-01-16: Un petroleiro volveu saltar as alarmas ao saír do Corredor de Fisterra
- 24-11-15: Un novo buque ten que ser remolcado tras sufrir unha avaría diante do litoral costeiro.
- 13-11-15: #13anosdoPrestige….
- 30-09-15: Piden a revisión da sentenza do Prestige.
- 18-11-14: #12anosdoPrestige.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Comeza o desguace da Gabarra Prima.
Máis novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Salvamento Marítimo