Unha entrevista para coñecer o novo equipo de Brens Racing

10:56 18/02/15

Non hai moito falabamos co novo piloto Ramón do Ézaro. Hoxe toca seguir repasando as novidades costeiras en materia de ralli, e achegámonos ata o pobo de Brens (Cee) onde se creou un equipo de rallys costeiro. Un equipo feito con traballo e sobre todo un gran equipo de persoas, estamos a falar do Brens Racing.
Para coñecelos, Manuel Casais fala con Heri Atán e Dani Domínguez, directivos e pilotos do equipo.