Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcubión

O madrileño-corcubionés Justo Lera abre o seu corazón con "Tesoros"

Moi queridos son os Lera na Costa da Morte, sobre todo en Corcubión. Por iso sempre nos alegra comprobar que seguen moi activos. Hoxe coñecemos o novo traballo de Justo Lera. “Tesoros” é un disco cheo de “madurez e experiencia”, forneado durante o confinamiento, baixo a calor da súa voz e cunhas letras que apelan á reflexión do público.

A chave antiga da carátula do disco simboliza a perda hai un meses do seu pai. Fora un agasallo do seu pa, e malianon abrir nada durante moitos anos, vén de abrir as esencias do corazón do madrileño.

No disco hai un tema que refrenda a súa raigame coa nosa terra: “Aquí dentro” está cantando en galego. Ademais, tamén podemos descubrir unha colaboración do seu irmán Chete Lera neste “No hace falta".

Xa podedes ver o traballo, editado pola compañía de márketing e storytelling NiesqueNiesca, en justolera.com.

Justo Lera presenta Tesoros

Novas relacionadas

O madrileño-corcubionés Justo Lera abre o seu corazón con "Tesoros"