Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros

A pesca recreativa volveu saír aos portos reivindicando unha "afección sá"

Volveron saír á rúa, máis ben aos portos, os pescadores recreativos da comarca. Os peiraos de Muros e Malpica enchéronse, como “fixeron entre os meses de abril e xuño. Centos de amantes da pesca deportiva amosaron o seu rexeitamento á regulación por parte da Xunta de Galicia.

Unha regulación hipócrita levada a cabo pola administración, pois despois despois de 30 anos de total permisividade, agora o vende como que “permite unha práctica historicamente prohibida nos peiraos”.

As familias, que no fondo iso é o que son os pescadores recreativos berraron alto que “os portos son de tod@s. Somos pescadores, non delincuentes”. Deixaron claro que se trata dunha “afección sana”, e que ademais o comercio local sofre con estas medidas restritivas de deixar pescar só en pequenas zonas dos portos (unha decisión tomada ademais sen consenso).

Explicaron, por exemplo que seguro impide aos maiores de 75 e menores de 14 anos ir pescar. “Estamos dacordo en ter que sacar un seguro, pero que nos cubra a todos”, sinalaron pedindo unha solución a Portos.

Concentracion en Muros
Concentración en Muros

NOVAS RELACIONADAS

A pesca recreativa volveu saír aos portos reivindicando unha "afección sá"