Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle

O Concello comeza o saneamento na zona de Area da Vila
Restricions no porto de Camarinas para a pesca recreativa
Restricións no porto de Camariñas para a pesca recreativa
Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle

Hai un mes a Xunta anunciaba as restricións que cada porto imporía para a pesca recreativa. Un dos primeiros concellos en presentar alegacións será o de Camariñas, que presentará alegacións ante Portos de Galicia pola resolución que impide a pesca recreativa en Camariñas e Camelle.

O goberno local presentará unha moción no vindeiro Pleno da corporación, o 25 de setembro, para intentar modificar as zonas que vén de calificar a Xunta como prohibidas para a pesca. “Supoñen unha afectación á actividade usual de moitas e moitos veciños”, aseguran, polo que pedirán que “se modifiquen as zonas nas que está permitida a práctica da pesca en ambos portos, xa que nestes tramos en concreto, as actividades portuarias non son intensivas”.

Os edís do grupo de goberno están en constante contacto coa veciñanza que vén practicando esta actividade desde hai tempo, e que supón unha tradición para o pobo, sendo outro dos atractivos turísticos do municipio. Os planos nos que se marcan as zonas nas que podería permitirse a pesca por non “interceder nas actividades portuarias” serán enviados a Portos de Galicia,

Restricions para a pesca recreativa no Porto de Camelle
Restricións no porto de Camelle

Obras

Mentres, o Concello comeza as obras da rede de sumidoiros de Area da Vila ca finalidade de recoller todas as acometidas das casas, co obxectivo de eliminar os verquidos ao mar e recuperar a calidade da auga no areal.

Obras saneamento Area da VilaCamariñas 1

Novas relacionadas

Comentarios