“Desmantelando a vida”, o vídeo-manifesto de Xente do Rural sobre o impacto dos Parques Eólicos de Corme e As Salgueiras

Denunciábamolo o ano pasado en pleno estado de alarma. E hai uns meses comprobábamos a desfeita cunha ducia de imaxes. Hoxe, o colectivo veciñal Xente do Rural de Corme quere amosar, con este impactante vídeo, a súa crispación ante a impune destrución do territorio por parte da empresa EDP durante a reportenciacón do Parque Eólico de G3 Corme.
A veciñanza quere “reivindicar o dereito dos pobos e os territorios á paisaxe, ao patrimonio e á cultura, denunciando o expolio e destrución que está a supoñer a obra”. Quere ademais alertar o perigo semellan que corre a zona do Esteiro do Anllóns coa instalación do parque eólico de As Salgueiras, aínda pendente da aprobación da Xunta.
”O video fala por sí mesmo, mostrando o latexar da terra fronte ao expolio que está a supoñer a promoción do negocio eólico por parte das administracións públicas, especialmente da Xunta de Galicia, nesta carreira por gañar a tan nomeada “transición ecolóxica”, explican dende a entidade.
Por iso, con este manifesto “Desmantelando a vida” piden “a paralización urxente dos dous parques, en cumprimento coas leis europeas, estatais e autonómicas en relación á protección do medio ambiente e á paisaxe”.
Manifesto de Xente do Rural: “Desmantelando a vida”
De como expoliar territorios, xentes e memorias baixo o amparo das enerxías renovables
Hai tempo que o negocio eólico, o das aspas cara o vento, recalou nos territorios rurais, periféricos, do Estado. Hai tempo que asentou os seus pés no país, no seu interior mais tamén trazando a súa liña de costa. Promover a xeración de enerxías renovables no marco dunha necesaria transición ecolóxica é a motivación que esgrimen aínda hoxe cando discursan e escriben as súas memorias ambientais as grandes empresas que engulen este pastel, avaladas pola administración pública.
Iso explican hoxe tamén mentras avanzan pola península de Corme, no Concello de Ponteceso, coma xigantes quixotescos, arrasando a riqueza paisaxística, ambiental e natural deste territorio en conflito onde as pegadas da historia, en forma dun extenso patrimonio material e inmaterial, pregan non seren destruídas e abandonadas ao esquecemento. Non seren desmemoriadas. Non seren silenciadas.
Non seren expoliadas.
Este é o latexar ante o que respondemos e polo que reaccionamos, individual e colectivamente, como Xente do Rural.
As xentes do colectivo veciñal Xente do Rural xuntámonos por primeira vez co ánimo de traballar en prol da recuperación do patrimonio, a protección do medio ambiente e a paisaxe na península de Corme, na Costa da Morte. Esa vontade inicial viuse trastocada coa publicación da Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico de As Salgueiras e a repotenciación do parque eólico G3 de Corme. Ambos os dous promovidos por empresas diferentes, Norvento S.L. e EDP Renovables respectivamente, mais que literalmente cercan as parroquias de Corme Porto e Corme Aldea e atentan gravemente contra o territorio.
Lugares onde vive xente como Guxín, Froxán, a aldea do Roncudo, Corme Porto ou Corme Aldea estanse vendo cercados como se de animais de curral se tratara. Lugares cunha riqueza patrimonial, cultural, natural e paisaxística que poucas zonas do litoral galego e peninsular atesouran.
Tanto o parque eólico en repotenciación de Corme como o parque eólico en tramitación de As Salgueiras, ubicado este último ás portas do recoñecido Esteiro do Anllós, afectan de cheo a Rede Natura e a súa contorna, a paisaxes protexidas e a innumerables especies animais e vexetais que son a base para manter un ecosistema san e unha biodiversidade imprescindible para a tan aclamada transición ecolóxica.
Ao mesmo tempo, a implantanción destes parques eólicos, nun proceso imparable de acaparamento depredador de terras e territorios, impide que outros modelos de desenvolvemento social e económico teñan lugar nos mesmos.
A veciñanza vemos e sufrimos cada día a desaparición do Pozo da Lagoa, a anulación do acceso aos petróglifos da Campaíña, a afectación á Aldea do Roncudo, a perda de biodiversidade e riqueza patrimonial e cultural, a apertura de verdadeiras canteiras en plena Rede Natura ou na súa contorna próxima, ou a paralización do acceso rodado ás parroquias de Corme Porto e Corme Aldea sen previo aviso durante a montaxe do parque.
Por todo isto, o colectivo veciñal Xente do Rural demanda:
- 1) A paralización urxente do parque eólico en repotenciación G3 de Corme (Edp Renovables).
- 2) A paralización do proceso de tramitación do parque eólico As Salgueiras (Norvento S.L.).
- 3) O cumprimento das leis europeas,estatais e autonómicas en relación á protección do medio ambiente e á paisaxe.
- 4) A preservación da nosa paisaxe, o noso patrimonio e a nosa cultura.
- 5) Un rural vivo e vivible
Rematamos este manifesto facendo un chamamento á sociedade ao completo para que, de maneira
individual e/ou colectiva, se sume e adhira ao mesmo.
Porque a vida non é un ben expoliable;
- Xente do Rural. Contacta e súmate escribindo a xentedorural@gmail.com
Novas relacionadas
- Decembro 2020: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Outubro 2020: 6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras.
Máis novas eólicos
- O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- PE A Ruña III: Enriba dun humidal.
- PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada.
- PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- PE Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.
Máis relacionados
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- 5 Concellos da zona únense para pedir á Xunta paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- Mazaricos páralle os pés aos eólicos.
- "Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas”.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.