#Xaxexixoxu por unha Xornada Única


Despois de conseguir o apoio do pleno para solicitar á Xunta unha cociña directa no CEIP Praia de Quenxe, a ANPA Alñen proponse agora convencer a toda a comunidade educativa dos beneficios da Xornada Única. Como sucedeu hai pouco a no veciño Eugenio López, o cole corcubionés ten xornada de votación este mércores para para decidir se a partir do ano que ven se establece a xornada continua.
A ANPA, posicionada a favor da xornada única, sacou unha simpática campaña co lema #XAXEXIXOXU, simbonizando que a Xornada Única é unha Xoenada Adecuada, Eficiente, Intelixente, Organizada e Única.
Ademais, consideran que a Xornada Única pode ser un atractivo para que mozos da comarca eviten o problema de matriculacións que está tendo o centro a día de hoxe.
Informan de que o establecemento da xornada continua suporía que os rapaces non terían a obriga de acudir ó centro polas tardes, e só a cambio de acudir a clase 45 minutos antes. Para os que poidan ter problemas de conciliación, polas tardes haberá multitude de actividades culturais e deportivas en colaboración con entidades da comarca para tódalas idades, e incluso sen participar nelas ata as 17:00 da tarde os rapaces poderían permanecer no centro sen ningún problema.
Novas relacionas
- O pleno de Corcubión aproba unha moción veciñal para a xestión directa da cociña do colexio.
- A ANPA Alén proporá no pleno de Corcubión a instalación dunha cociña de xestión directa para o CEIP Praia de Quenxe.
- O CEIP Eugenio López aproba, á terceira, a Xornada Única.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).