![]()
Quedou cativo o auditorio da Casa de Pedra de Camariñas para albergar o aluvión de xente que se achegou o pasado domingo a vila para escoitar o Concerto fin de Curso ofrecido polos alumnos da Escola Municipal de Música de Camariñas.
Máis de 50 alumnos de todalas idades das especialidades de música e movemento (Iniciación musical para menores de 8 anos), guitarra, baixo, piano e batería interpretaron temas clásicos como "A short story" , pasando por clásicos do swing como "When the saints" ata temas mais actuais como "Insurrección" ou "Hablando de luz”.
No concerto tamén participou a Coral feminina "Brisas do Mar" de Camariñas que acompañadas instrumentalmente polos mestres da escola realizaron unha magnifica interpretación do tema "Costa da Morte" do camariñán Xosé Luis Blanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).