Luns. 07.10.2024
El tiempo

3 andainas polas contornas fluviais para manter un “Outono Activo” na Laracha

Cartel Outono Activo Laracha
3 andainas polas contornas fluviais para manter un “Outono Activo” na Laracha

Para manter activa á xente maior da Laracha, o Concello prepara 3 saídas, 3 andainas pola cortornas fluviais para maiores de 55 anos. Un xeito de facer exercicio e disfrutar de espazos naturais tan fermosos os paseos que se xeran arredor dos río Bardoso, do Acheiro e do río Anllóns ao paso polo Concello.

A primeira das andainas será o xoves 20 de outubro. Trátase dun percorrido de sete quilómetros e dificultade moderada a carón do río Bradoso, con inicio e fin na escola de Cumiáns.

A segunda cita será o xoves 27 de outubro con outra ruta de cinco quilómetros, tamén de dificultade moderada, polo río Acheiro, con inicio e fin no museo dos Muíños de Golmar.

Nestes dous casos os participantes sairán en autobús desde a Praza Olonne sur Mer ás 10:00 horas e terán transporte de regreso ao rematar a andaina.

O xoves 3 de novembro realizarase a última das rutas, con protagonismo para o río Anllóns. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza Olonne sur Mer, punto ao que retornarán os participantes tras un percorrido de sete quilómetros e dificultade baixa.

Poden inscribirse no 981612811 ou cubrindo este formulario online

Novas relacionadas

Comentarios