Venres. 26.04.2024
El tiempo

3 rutas costeiras renovan o distintivo “Sendeiro Azul”

ASCII   Kolor stitching | 4 pictures | Size: 5661 x 3812 | Lens: Standard | RMS: 3.38 | FOV: 103.85 x 64.87 ~ -9.79 | Projection: Mercator | Color: None |
Sendeiro de Saldoiro-caion
3 rutas costeiras renovan o distintivo “Sendeiro Azul”

Vén de facer públicos a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) os distintivos de Sendeiro Azul para este 2023. 3 candidaturas costeiras veñen de ratificar a súa calificación ambiental, que garante a súa calidade.

En toda España hai 104 Sendeiros Azuis, dos cales 35 son itinerarios galegos pertencentes a 20 concellos diferentes, 7 deles na provincia da Coruña, e 3 na nosa comarca. Estes son:

O larachés, o tramo do paseo marítimo de Caión de 1,5 quilómetros de distancia que bordea a costa desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido, é o 10º ano que repite distintivo.

A Ruta Litoral de Camariñas é unha das máis famosas da comarca, pasando por lugares como o Faro Vilán, as praias de Reira ou o Cemiterio dos Ingleses.

Pola súa parte, a carballesa, son 12 km de senda unindo os dous areas máis senlleiros da concello carballés.

O acto de entrega das Bandeiras de Sendeiros Azuis celebrarase en Santiago de Compostela o día 24 de febreiro.

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Comentarios