domingo. 10.11.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Caión

Recunchos da Costa-Praia de Caion
Recunchos da Costa: Caión

Non é que sexa o casco urbano máis fermoso do país, pero a visita a Caión é do máis agradable. O seu paseo cheo de terrazas, a súa praia urbana pero liberada de cemento, o seu porto… dan argumentos de sobra para achegarse por esta vila larachesa, onde para moitos, comeza a Costa da Morte.

Cómpre destacar o areal, cunha zona verde xusto enriba que permite o aparcamento fácil e mesmo facer o picnic. Numerosas familias combinan esas mesas de pedra sobre o céspede coa area branca da praia.

zona verde na praia de Caion
Zonas verdes sobre a praia

Praia de caion 2

O areal é ideal para facer surf, e de feito a vila conta con varios camps para adentrarse neste mundo: Caión Surf House e Base Surf Camp.

O paseo ten unhas terrazas ideais, e contra o outro lado da vila, no porto, tamén se pode disfrutar da mellor gastronomía do litoral costeiro.

Paseo matitimo de Caion

Caion aerea

Como chegar

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios