Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Adrián García de 7varas: “Unha bici tras outra fun facendo camiño ata chegar onde estou agora”

Adrián 7 varas
Adrián García Fraga cunha das súas bicis de bambú
Adrián García de 7varas: “Unha bici tras outra fun facendo camiño ata chegar onde estou agora”

Hoxe falamos con Adrián García Fraga, responsable do proxecto 7varas. Enxeñeiro de profesión e ciclista por vocación, este larachés decidiu hai xa seis anos crear o seu propio negocio de fabricación e venta de bicicletas. O peculiar das súas bicicletas é que están feitas nada máis e nada menos que de… bambú!

 
  • A.G.R: Cando e como xorde 7varas?

7varas nace en 2015 froito de dúas compoñentes esenciais, o primeiro e seguramente máis importante, a afeción pola bicicleta dende neno que manteño a día de hoxe. O segundo, a miña formación como enxeñeiro industrial que fai que unha de cada dez ideas tolas que se me pasan pola cabeza se convirtan en retos técnicos persoais que intento afrontar, unhas veces con maior éxito que outras, pero de todo se aprende.

 
  • A.G.R: Que te motivou a emprender?

Nun principio non tiña ningunha outra pretensión máis que a de facer unha bici para disfrute persoal. Pero unha vez rematada, moi satisfeito co resultado, e despois das loanzas e ánimos dos compañeiros decido darlle un empaque ó proxecto e lanzalo nas redes. Unha bici tras outra fun facendo camiño ata chegar onde estou agora.

 
  • A.G.R: As vosas bicicletas están feitas de bambú, que características presenta esta material para que decidises apostar por el?

O bambú, pese o descoñecemento xeneral que existe no noso país, debido ó escaso uso histórico do mesmo, ten unhas propiedades fisicas estupendas o que o fan idóneo para a construción de bicicleta. A súa lixeireza, a morfoloxía en forma de tubo, a capacidade de absorción de vibracións son algunhas das máis salientables. Se a esto lle sumamos que é 100% natural e biodegradable, concluimos que este material é unha opción intelixente para a fabricación de bicletas nos tempos que corren.

 7 varas bicicleta
  • A.G.R: Nun principio tivo boa acollida a idea?

Tiven a sorte de que nos inicios, cando todo se fai máis costa arriba, foron moitas as portas que se me abriron para dar a coñecer o meu proxecto, seguramente pola peculiaridade do mesmo. En todos estes anos que levo facendo bicicletas foron moitas as persoas que me felicitaron polo traballo feito, asi como tamén houbo xente a quen non lles gustaron moito, pero o que sí podo afirmar é que ninguén ficou indiferente. Para min, eso é un pequeno éxito.

 
  • A.G.R: Que tipo de servizos ofertades?

Pois facemos bicicletas a medida, dende carretera ata todocamiños, personalizadas a gusto do cliente e con seguimento do proceso de fabricación. Fanse por encargo, son pezas elaboradas a man.

 
  • A.G.R: Vendedes a nivel local, nacional…?

Non temos fronteiras, hoxe en día podes poñer un paquete na porta de case calquera casa en cuestión de días.

Entrevistas semellantes

Comentarios