Martes. 19.03.2024
El tiempo

Herminio Pensado: "O mundo do viño é especial, ten os seus tempos"

Herminio Pensado: "O mundo do viño é especial, ten os seus tempos"

Herminio Pensado vino de Bergantinos

Hoxe falamos cun referente en materia de viños, Herminio Pensado. Natural de Coristanco, Herminio leva no sector vitícola máis de 30 anos. Optimista por natureza, recíbenos co sorriso que o caracteriza. Adentrámonos no mundo do viño da man deste gran profesional.
 

  • A.G.R.: Cando e como nace a túa paixón polo viño?

Eu crieime nunha taberna en Coristanco, chamábase A taberna do Piñón. Era unhas das poucas que había por aquí na revolta. Un dos primeiros recordos que teño é o de subirme a unhas caixas que había debaixo do mostrador para tirar caña e servirlle viño branco aos clientes. Era o que había daquela, caña, viño blanco e grés.

 
  • A.G.R.: Que te motivou a dar o paso de emprender o teu propio negocio?

Os anos de adicacións previos. Tiña 29 anos, levaba traballando no sector da hostelería prácticamente toda a miña a vida e decidín apostar por el. Comecei o 1 de setembro de 1989 e ata hoxe. Comezamos vendendo gaseosa, cervexa, sal, viño…

 
  • A.G.R.: Que evolución dirías que hai do negocio inicial ao actual?

No ano 2006 vendín a empresa e decidín montar un negocio que se adicase exclusivamente a distribuír viños. Actualmente só comercializamos produtos relacionados coa uva (viño) e tamén augardentes. O que decidín manter sempre foi a distribución na Braña 25 (Coristanco).

 
  • A.G.R.: Que tipo de viños vendedes?

Temos moita variedade dende Riojas, Ribera, De Toro, todas as denominación de orixe de Galicia… Teño amigos que levan o noso viño para Sevilla ou Bilbao, o que non deixa de ser un orgullo.

 
  • A.G.R.: Que viño dirías que está agora mesmo en auxe?

Pois se tivese que escoller un diría que o Mencía. Tamén se venden moi ben e recomendo moito os viños da Ribeira Sacra.

 
  • A.G.R.: Por que zona xeográfica distribuides?

Pola Comarca de Bergantiños (Laracha, Malpica, Ponteceso…) e tamén na Coruña. Ademais de distribuidores de bares, tamén vendemos a particulares. Entre os particulares triunfan moito os packs ou “estuches”. No Nadal foi un dos productos estrela.

 Foto dos estuches, producto estrela do Nadal
Un dos estuches de Nadal que tan ben saíron

  • A.G.R.: Cal é a pregunta que máis che fan en materia de viños?

Que tipo de uva leva, que tipo de añada é…

  • A.G.R.: Por que son importantes os anos no viño? Cantos máis anos teña mellor?

Non, o viño ten unha escala. Por exemplo os Rioxas van subindo uns anos e despois caen. Se tomas un viño de 2011 é moi posible que non che guste. Isto non acontece cos “viños de gardar”, os cales hai que conservar un tempo en determinadas condicións.

 
  • A.G.R.: Como é o proceso de elaboración do viño?

Collen a uva. As fincas teñen que estar moi preto das bodegas, porque se non o viño oxídase. Hai bodegas tipo chateau francés, nos que está a bodega dentro da propia finca. Fan a vendima, transportan a uva en tractores ata a bodega, pesan os tractores e basculan na palilladora. Logo queda macerando entre 15-20 días. Despois chegamos á fase do filtros. O mundo do viño é especial, ten os seus tempos.

 
  • A.G.R.: Que dirías que é o que máis che gusta do teu traballo?

O trato coa xente. No meu traballo tes a oportunidade de coñecer a moita xente, probar os viños con eles…Ao final acabas tecendo lazos. Os proveedores acábanse volvendo amigos. Axudámonos uns aos outros e ao final formamos unha pequena gran familia. Outra cousa que me gustan moito son as visitas vitícolas. É moi bonito ver os viñedos en Setembro – Outubro antes da vendima.

 
  • A.G.R.: Estades xa preparando a sucesión da empresa familiar, certo?

Sí. Eu levo 32 anos e agora entra o sucesor, David. Comezou o ano pasado. Voulle explicando cousas da empresa e intento transmitirlle todo o que sei. Unha das leccións máis importantes é que hai que saber adaptarse ao mercado e coñecer ao cliente.

Entrevistas semellantes

Comentarios