A axuda alimentaria procedente da Laracha que trasportou a Fundación Mencer xa está en Alberic
No día de onte sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municipios valencianos afectados pola DINA, en coordinación coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (Fevmp).
A Fundación Mencer, que tamén achegou palés de auga, foi a encargada de transportar os produtos doados pola veciñanza larachesa durante a campaña municipal de recollida que se desenvolveu na primeira semana deste mes de novembro. Foron Jaime Claramut (á esquerda) e Antonio Morandeira, Director Comercial de Panificadora Mencer (á dereita) os encargados de transportar a mercancía ata a Comunidade Valenciana.
O Concello agradece a solidariedade da cidadanía larachesa e lembra a aquelas persoas que desexen colaborar que, seguindo instrucións da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), prioricen as doazóns económicas ás organizacións que están traballando nas zonas afectadas.