mércores. 04.12.2024
El tiempo

Muros recibe aos bombeiros do GES que estiveron axudando en Valencia

GES MUROS VALENCIA
Muros recibe aos bombeiros do GES que estiveron axudando en Valencia

Unha semana estiveron catro efectivos especializados do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) do Concello de Muros axudando na zona afectada pola DANA. Entre eles, Miguel Montero (na foto o segundo pola dereita), un bombeiro con amplísima experiencia en misións de rescate internacionais.

Durante unha semana, estiveron axudando en Catarroja e Paiporta cos Bombeiros da Coruña e a UME. Os traballos consistiron na inspección e retirada dos vehiculos arrastrados pola riada, limpeza e búsqueda de desaparecidos. Tamén realizaron tarefas de control da calidade do aire e achiques de garaxes e ocos de ascensores.

“Desde o Concello de Muros, seguimos pendentes das peticións que nos chegan a través das canles oficiais para ver onde se pode axudar aos municipios máis afectados”, asegura a alcaldesa, María Lago.
A concelleira de Seguridade, Sandra Maneiro, agradece de novo “o traballo do GES e Protección Civil de Muros, ademais de agradecer tamén a Miguel e Rubén polo seu esforzo e por informarme a diario do traballo que realizaban”. Chegaron a Muros moi cansados pero satisfeitos polo traballo, axudando aos veciños e veciñas de Valencia.

Comentarios