A Fundación Mencer e os Concellos da Laracha e Ponteceso envían axuda humanitaria a Valencia
Nova demostración de solidariedade dende a Costa da Morte. A Fundación Mencer (que xa demostrou o seu compromiso e implicación cando comezaba a guerra de Ucraína), en colaboración cos Concellos de Ponteceso e A Laracha, están enviando axuda humanitaria destinada afectados por DANA. Antonte saía de Ponteceso un camión cedido polo fundación -que tamén se ocupa do condutor, do combustible, dos custos e unha achega adicional dunha ducia de palés de auga embotellada- para o zona máis afectada.
O camión transportou todas as axudas recollidas polo Concello de Ponteceso, para o que habilitara varios puntos, coa colaboración de diversos establecementos da localidade e os propios veciños. Correu todo o dispositivo de recollida e loxística a cargo da Agrupación Local de Protección Civil.
Despois dun día de viaxe, a Fundación xa entregou a última hora de onte todo o material recompilado, en Coordinación coas autoridades da zona.
Xa de volta en Galicia, a Fundación Mencer prepara un novo envío de bens materiais e de primeira necesidade, nesta ocasión en colaboración co Concello da Laracha. Está previsto que este novo envío saia do concello de Laracha primeiro o vindeiro luns 25, a bordo dun camión acondicionado para tal fin, cuxos gastos corren a cargo da Fundación Mencer. A entidade completa a súa achega cun envío de auga potable.