Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG pide que a nova farmacia se instale en Paiosaco

Feira de Paiosaco en tempos de prepandemia
Imax eda feira de Paiosaco en tempos de prepandemia
O BNG pide que a nova farmacia se instale en Paiosaco

Anunciaba esta semana o grupo de goberno que A Laracha terá unha nova farmacia tralo próximo concurso público. É o BNG o que propón que a súa ubicación sexa en Paiosaco. "A quinta farmacia para o concello da Laracha debe ser aprobada para este núcleo de poboación en concreto, no que hai unha das feiras máis importantes da provincia e que é o núcleo máis poboado sen farmacia no noso concello. Non pode quedar ao criterio da persoa que obteña esta concesión no concurso a decisión de onde ubicala dentro do concello, ten que aprobarse para esta localidade como se fixo noutros concursos e a lei contempla esa posibilidade", explican dende o BNG.

Comentarios