O BNG propón que o Concello da Laracha peche todas as contas que non manteñan abertas as súas sucursais
10:31 04/11/21
Nas últimas semanas pechou a sucursal do BBVA da Laracha, e anteriormente pechara tamén a do Santander, quedando apenas cun axente comercial no interior. Unha situación que deixa a moitos veciños en risco de exclusión financieira. De aí que dende o BNG lancen unha moción para que o vindeiro pleno aprobe un acordo para que o concello peche as contas bancarias naquelas entidades que non manteñan abertas sucursais no concello. Lembrar que recentemente pechou a sucursal do BBVA e anteriormente pechara tamén a do Santander.
NOVAS RELACIONADAS
- 13-10-21: A sucursal do BBVA da Laracha tamén bota o peche.
- 07-10-2021: O Parlamento non se pon dacordo para asegurar un acceso digno aos servizos financieiros no rural.
- 27-09-2021: Cañizo: ”Somos un concello cun gran potencial e non podemos permitir que cerren esta sucursal”.
- 22-09-21: A Oficina do Banco Sabadell de Malpica tamén bota o peche.
- Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural.