A sucursal do BBVA da Laracha tamén bota o peche

Este venres pecha unha nova oficina bancaria na Costa da Morte. Desta volta trátase a sucursal do BBVA da Laracha, ante a que se organizaba esta mañá unha concentración en protesta polo seu peche.
Dende a CIG consideran inxusto o ERE que está afrontando a empresa, que afecta a 100 traballadores de Galicia, e o peche de 26 oficinas, afondando na exclusión financieira á que tamén nos están enviando á cidadanía empresas como o Sabadell ou Abanca.
No caso concreto da Laracha, a oficina continuará aberta mais atendida por un axente financeiro (a empresa bota persoal propio para contratar persoal falso autónomo en peores condicións) e coa operatividade moi limitada.
A CIG asegura que se opuxo dende o primeiro momento ao expediente colectivo (asinado por CCOO, ACB e UGT) por "ser inxusto e carecer de xustificación, toda vez que o banco obtivo beneficios millonarios (1.200 millóns de euros só no primeiro trimestre), que existe unha enorme sobrecarga de traballo na rede de oficinas e que a clientela demanda atención presencial, como evidencian as colas que se forman nas oficinas".
NOVAS RELACIONADAS
- 07-10-2021: O Parlamento non se pon dacordo para asegurar un acceso digno aos servizos financieiros no rural.
- 27-09-2021: Cañizo: ”Somos un concello cun gran potencial e non podemos permitir que cerren esta sucursal”.
- 22-09-21: A Oficina do Banco Sabadell de Malpica tamén bota o peche.
- Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural.
- 17-09.21: O alcalde de Zas desprazouse ata o Congreso dos Deputacións para pedir que o Goberno regule o sector bancario.
- A alcaldesa de Camariñas ordea retirar os fondos municipais do Banco Sabadell tralo anuncio do peche da sucursal.