Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Caión xa se abastece da captación de Gabenlle

Imaxe da reunión do alcalde José Manuel López Varela, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, acompañados por técnicos municipais, con René Rodríguez, responsable de operacións de Viaqua e o seu adxunto Castor Maduro
Caión xa se abastece da captación de Gabenlle

Continúa a prealerta por seca provocando problemas no abastecemento de auga. Desta volta é o Concello da Laracha o que fai repaso dos seus 3 puntos de captación de auga, nunha reunión coa empresa concesionaria Viaqua.

A zona de captación que máis sofre é de Caión, xa que a auga da traída que procede xeralmente dos mananciais de Corteo non ten aporte, o que xa provocou que fique suspendida a rega nas zonas verdes públicas e tamén o servizo de duchas na praia de Caión.
Deste xeito, subministro a Caión é asumido desde a captación de Gabenlle, unha das captacións do río Anllóns. Trátase do principal punto de captación do Concelllo larachés e ratifican xa existe un descenso no nivel do caudal.

No Anllóns tamén é a terceira captación, a de Paiosaco, unha infraestrutura de pequena entidade que abastece a esa mesma vila e a varios núcleos da parroquia de Lestón.

Aviso

Segundo comunicaron os responsables de Viaqua aos representantes municipais, a situación actual, no caso de que se manteña a mesma climatoloxía durante os próximos días con altas temperaturas e escaseza de chuvias, implica a posibilidade de ter que establecer unha situación de cortes temporais do subministro de acordo ao estipulado no plan municipal de emerxencia ante situacións de seca.

Neste sentido, dende o Concello fan un chamamento a toda a cidadanía para ser o máis estritos posibles nas recomendacións establecidas recentemente polo Concello e Viaqua para un consumo responsable, tales como a prohibición da limpeza de vehículos -a excepción das empresas dedicadas a esa actividade-, o enchido das piscina e outras accións en actividades cotiás -cociña, alimentación, aseo, etc.- que favorezan o aforro da auga.

Comentarios