COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca
Á espera dos datos dos cribados de Vimianzo, Carnota e Carballo, e ante o repunte das cifras na Costa da Morte, o Sergas fará un novo cribado poblacional no IES Agra de Leboris, no Concello de A Laracha (desenvolverase este xoves entre 387 alumn@s de 1º, 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato).
De feito, volve preocupar a situación nos centros de ensino. Manténdonos moi lonxe aínda das cifras de finais de xaneiro (cando se chegaron aos 150 casos en máis de 45 centros) as cifras amosan un lixeiro aumento, duplicándose a incidencia na última semana. Pasamos de 9 casos en 6 centros a 23 casos (e unha aula pechada) en 12 centros só na última semana.
En termos globais, o repunte sitúanos nunha taxa aproximada de incidencia acumulada nos últimos 14 días de 86 novos casos por cada 100.000 habitantes, lonxe dos 250 que hai no resto do estado.
Mentres Carballo, Coristanco e A Laracha volven amosar as cifras máis altas en termos absolutos (que non en incidencia). Polo lado contrario, Cabana, Ponteceso, Camariñas, Zas, Mazaricos, Fisterra e Muxía mantéñense sen novos positivos nos últimos 14 días.
Máis novas sobre o covid
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros