Venres. 29.03.2024
El tiempo

Gabenlle acicálase

Alcalde e Concelleiro de visita á Área recreativa de Gabenlle
Gabenlle acicálase

Ademais do completo traballo que realizou o Obradoiro de Emprego de Carpintería no paseo do Anllóns, a área recreativa de Gabenlle, un dos recunchos máis fermosos da Laracha, lucirá moitas novidades de cara á vindeira temporada primaveral.

O Concello vén de realizar unha mellora de equipamentos, coo a instalación de dez mesas con asentos tipo merendeiro que foron colocadas próximas ao itinerario peonil e a carón do río. Tamén recentemente foron renovados os aparellos do parque biosaudable existentes na área de esparexemento.

Ademais, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, investirán 43.000 euros na renovación completa dos aseos e a súa adaptación para persoas con diversidade funcional, a mellora da accesibilidade coa creación de novos itinerarios peonís no interior da área recreativa e a cubrición das grellas cunhas estruturas similares ás que xa existían noutros puntos do recinto.

Novas relacionadas

Comentarios