Venres. 26.04.2024
El tiempo

Guadi Galego porá a guinda á Festa das Cereixas

Concello e Comisión presentaron o programa da Festa das Cereixas
Guadi Galego porá a guinda á Festa das Cereixas

A das Cereixas de Paiosaco é unha das Festas de Interese Turístico da Costa da Morte. De aí a importancia desta celebración que terá lugar a fin de semana do 2 e 3 de xullo, mesturando gastronomía coa música tradicional.

O ano pasado foi o hran Xabier Díaz o que puxo a nota musical. Este será Guadi Galego o que poña o broche a unah fin de semana moi especial.

Dende abril leva a nova Comisión de Festas pasando casa por casa, para preparar un completísimo programa:

O sábado 2 de xullo a festa comezará co VII Aberto das Cereixas de billarda que organiza o Club Billarda Campo da Feira. Xa saben ademais que A Laracha é a gran potencia na materia do noroeste galego.
Pola noite haberá verbena amenizada polo Grupo Studio e os DJ’s Cotton & Yuni.

Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas, desde o mediodía a escola de samba Malandros amenizará a xornada de feira. A partir das 19:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.
Pola noite, a partir das 22:00 horas, Guadi Galego. A que fora vocalista, pianista e gaiteira de Berrogüeto, e iniciou en 2009 unha destacada carreira en solitario que a levou a ser unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. En Paiosaco cantará os temas do seu último disco, “Costuras”.
Na organización deste programa contouse coa colaboración da Deputación da Coruña.

cartel festa cereixas paiosaco 2022

Novas relacionadas

Comentarios