A Laracha segue arrasando na Liga Noroeste de Billarda

Segue sendo A Laracha un dos máis importantes importantes berces onde a billarda está a rexurdir. A Liga da Conferencia Noroeste de Billarda (2021-2022), celebraba esta pasada fin de semana a súa 5ª e penúltima xornada no campo de fútbol As Chancelas en Soandres. Unha cita a “cara de can”, pois se xogaban as clasificacións para as finais do 26 de xuño na Porta Santa de Paiosaco onde se encontaran os mellores palanadores de Galicia en todas sus categorías.
Malia que algún palanador chegou tarde porque viña de correr a carreira 10K de Carballo, o día prestaba e a atención foi máxima por todos os asistentes. Ademais, o evento contou coa colaboración imprescindible do Concello da Laracha, que estivo presente cun stand polo Día do Deporte.

Para dar conta da supremacía larachesa neste deporte, cómpre repasar a clasificación por equipos, quedando campión o Campo da Feira de Paiosaco, por diante do APB da Laracha. 3º quedaron os Cochiqueiros de Cerceda.
A nivel individual, na categoría absoluta o podio tamén estivo copado por bergantiñáns. 1º foi Abel Ponte (Campo da Feira-Paiosaco); 2º Alberto Riveiro (APB-A Laracha) e 3º Xosé Collazo (Campo da Feira-Paiosaco).

En categoría feminina, Merche, Marisa e Mercedes foron as mellores.
E finalmente, en Infantil, volveu vencer Abel (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Aleixo (Cochiqueiros-Cerceda) e de Roy (APB-A Laracha).

Novas relacionadas
- Maio 22: O baiés Jose Gándara Martínez e o eterno Ricardo Pérez y Verdes, protagonistas da Liga Nacional de Billarda.
- Xaneiro 21: A billarda ten relevo relevo xeracional na Laracha.
- Novembro 21: Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda.
- Outubro 21: Bergantiños manda no mundo da Billarda.
- Xuño 21: Laxe acolleu unha singular e divertida xornada da Liga de Billarda