Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Laracha acollerá un campo de Voluntariado e avanza no Servizo de Atención Temperá

Presentación campo de voluntariado na Laracha
Laracha acollerá un campo de Voluntariado e avanza no Servizo de Atención Temperá

Onte, 16 de xuño, foi o Día da Atención Temperá. E o Concello da Laracha anunciaba novos avances no procedemento de adxudicación do servizo de atención temperá que comezará a prestarse en próximas datas no termo municipal. Hoxe a Mesa de Contratación reuniuse para proceder á apertura das plicas e á clasificación das catro propostas presentadas polas empresas licitadoras.
A atención temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social.

Grazas a este programa, o Concello da Laracha contará cun logopeda, un psicopedagogo e un mestre de educación especial para ofrecer unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais dos nenos. A clave é poder detectar esas dificultades o ante posible para obter os mellores resultados da atención profesional e que redunden nun máis óptimo proceso evolutivo do cativo.
En todo caso, a derivación ao servizo de atención temperá corresponde ao pediatra de referencia do neno, ao que debe acudir a familia se sospeita que pode presentar un trastorno do desenvolvemento.

Campamento de Voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado estivo onte no Concello o campo de voluntariado que se realizará no verán no castro de Montes Claros.
Os 12 participantes no Castro de Montesclaros levarán a cabo labores de limpeza no castro, que irán dende a delimitación do terreo ata a súa limpeza total coa poda das frondosas existentes e a eliminación da cuberta vexetal. Ademais, traballarase na protección da biodiversidade, animal e vexetal da zona.

O prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada un.

Comentarios