Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Laracha súmase á compostaxe caseira

O Concello organiza un obradoiro de poda
Poda Laracha
A Laracha súmase á compostaxe caseira

Xa pioneira en materia de reciclaxe da 5ª fracción en termos urbanos. Agora A Laracha vaise conectar tamén á campaña de Compostaxe Caseira que impulsa a Consellería de Medio Ambiente.

Así o aprobaron onte a Xunta de Goberno da Laracha, polo que pedirán adherirse á este programa para a mellora da xestión dos biorresiduos.

O Concello proporá á Xunta a adquisición de 230 composteiros individuais que serían distribuídos de xeito gratuíto entre a poboación. Ademais, o programa tamén inclúe realizar campañas divulgativas, formativas e informativas sobre o seu emprego, como xa fan concellos como Ponteceso, Carballo, Santa Comba, Malpica, Mazaricos, Zas, Camariñas, Coristanco, Fisterra ou Vimianzo.

Curso de poda

O Concello organiza, por primeira vez, o obradoiro de poda e enxerto de árbores froiteiras que se vai realizar o sábado 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas nas instalacións de Viveiros Amado, situadas no lugar de A Braña Grande (parroquia de Cabovilaño), a carón da estrada AC-552.

As inscricións son gratuítas, xa están abertas e deben formalizarse ben acudindo ao Concello ou chamando ao 981605001.

Comentarios