Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Laracha volve agasallar “Comercio Local”

Laracha-Presentación Agasalla comercio local ten premio
A concelleira de Promoción Económica, Rocío López; o alcalde, José Manuel López Varela, e a axente de emprego e desenvolvemento local, Ana Carmen Jiménez, presentaron o programa
A Laracha volve agasallar “Comercio Local”

En marcha a campaña de promoción do comercio local do Concello da Laracha para este Nadal. “Agasalla Comercio Local” xa ten o prazo de inscrición aberto en https://nadal.alaracha.gal/ para todos eses establecimentos que queiran formar parte da iniciativa municipal. Están invitados a participar todas as pequenas e medianas empresas e autónomos laracheses dos sectores comercial, hostaleiro, cultural, educativo, taxistas, salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza.

A partir do 11 de decembro en todos os locais e negocios adheridos, os clientes recibirán unha tarxeta rasca e gaña por cada dez euros de compra. Serán distribuídas polo Concello un total de 10.000 tarxetas, das cales 1.000 terán un premio directo de 10 euros para empregar en calquera dos establecementos e servizos adheridos a modo de desconto en compras mínimas de 20 euros a realizar como data límite o 23 de decembro. Os vales non son acumulables e non poderán cambiarse por cartos en efectivo. Tampouco poderán destinarse á compra de bebidas alcohólicas, tabacos ou derivados, produtos farmacolóxicos que requiran prescrición médica ou xogos de azar.

As outras 9.000 tarxetas non premiadas terán unha segunda oportunidade. Depositándoas cos datos persoais nas urnas que estarán habilitadas nas tres bibliotecas municipais (A Laracha. Paiosaco e Caión) entrarán no sorteo de tres agasallos: un cofre regalo cunha experiencia turística, unha consola PlayStation 5 e un xamón ibérico.

O alcalde, José Manuel López Varela, expresou que desde o Concello “pretendemos apoiar e incentivar as vendas e premiar á xente que vén comprar á Laracha”, invitando aos comerciantes a sumarse á iniciativa e animando aos veciños “a comprar no local, porque iso é beneficiar a todos”. Por último, apuntou que os rasca e gaña poderán ser empregados por calquera persoa que consuma no comercio local da Laracha, non só por empadroados no termo municipal.

Novas relacionadas

Comentarios