Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A Laracha xa impón as primeiras sancións por non limpar as parcelas situadas en zonas urbanas

Finca sen limpar no CHUAC
Finca sen limpar diante do CHUAC
A Laracha xa impón as primeiras sancións por non limpar as parcelas situadas en zonas urbanas

Esta semana o Concello da Laracha, un dos poucos que se están involucrando en facer cumprir as Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a Lei de Montes de Galicia, vai realizar a primeira limpeza subsidiaria dunha parcela de Paisaco. Despois das peticións realizadas, o Concello vai limpar unha finca particular, situada preto das casasno núcleo urbano de Paiosaco, e vai impoñer unha multa de 3.000 euros ao seu titular.

Dita finca foi obxecto de tres informes da Policía Local, notificándose primeiro ao propietario a obriga de xestionar a biomasa ante a abundante maleza que presentaba. A continuación, a imposición dunha multa coercitiva de 3.000 euros como medio de execución forzosa. Por último, en vista de que persistiu o incumprimento, déuselle conta da execución subsidiaria deses traballos polo Concello, cuxo custo deberá asumir o titular da parcela.

O Concello lembra que leva dende o comezo da primavera, que é cando máis medra a biomasa, da necesidade de levar a cabo actuacións dirixidas a cumprir as condicións de seguridade, hixiene, salubridade e ornato público dos terreos privados.

O Concello agradece á veciñanza a súa implicación e sensibilización con estas obrigas, dado que por norma xeral ditos labores se acometen en tempo e sen necesidade de requirimentos previos. Sen embargo, a aqueles propietarios que incumpriron a normativa, foron requiridos para facelo e non acometeron as actuacións oportunas, o Concello comezará a impoñerlles multas coercitivas de entre 1.000 e 10.000 euros como medio de execución forzosa para que procedan a dar cumprimento das súas obrigas.

Que pasa no CHUAC

Precisamente ao fío destas primeiras multas municipais, Suso Méndez Torrado, veciño ilustre de Corme, vén de preguntarse que pasa nas administracións que multan ás fincas privadas e permiten que “todo un complexo hospitalario como é o CHUAC, estea rodeado de bichería, ratería e arcolitada”. “Con que autoridade moral ousan multar aos veciños do rural por mor de limpar as fincas en monte rústico?”, pregúntase Suso de Basilio.

Novas relacionadas

comentarios