Domingo. 28.11.2021
El tiempo

Novas melloras nas pistas de pádel da Laracha e na área de Gabenlle

Melloras en Gabenlle
Novas melloras nas pistas de pádel da Laracha e na área de Gabenlle

Varias novidades en Laracha sobre obras e melloras.

Obras no pavillón e pistas de pádel

Xa están en marcha as obras de mellora das instalacións do complexo deportivo municipal da Laracha, que contempla dúas intervencións diferenciadas no pavillón (renovación da cuberta e dos canalóns, incluíndo tamén o pintado dos muros tanto no exterior como no interio) e nas pistas de pádel (renovación do firme, ampliación da fachada de chapa para impedir que choiva, e substitución do o sistema de iluminación existente por novos proxectores LED aptos para exterioresP

Novas melloras en Gabenlle

Segue mellorando a área recreativa de Gabenlle. Desta volta os alumnos traballadores están mellorando a accesibilidade coa colocación dun pavimento de celosía na área que alberga a zona de grellas e as mesas situadas máis próximas á entrada principal. Este material permite o crecemento do céspede, polo que quedará integrado no entorno alcanzando o dobre obxectivo de facilitar o tránsito a pé.
Outras actuacións que se están a realizar a través do Obradoiro de Emprego A Laracha VI son a mellora do entorno do museo de Golmar e do paseo fluvial do Anllóns e a creación no taller de mobiliario urbano que será instalado en diferentes puntos do Concello.

Premios

Paralelamente, a concelleira Rocío López entregou os agasallos aos gañadores do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas. O acto desenvolveuse na biblioteca municipal da Laracha.

2021.05.21.- Entrega premios concurso marcapáxinas

Moción socialista

Así mesmo, o PSOE vén de presentar unha Moción sobre creación do rexistro de empresas, pemes e persoas autónomas. Solicitan ademais que unha vez publicitado e elaborado o rexistro, as empresas, pemes e persoas autónomas que así o desexen teranse en conta para a adxudicación de contratos menores dentro das posibilidades que dá a nova Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratación do Sector Público.

comentarios