Obradoiros nos coles, teatro, vídeos e unha andaina, no prograna do 25N da Laracha

Este 25 de novembro, co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres o Concello da Laracha organiza un programa baixo o lema “A Laracha fronte ás violencias machistas”.
O evento central será o propio sábado 25 de novembro, coa terceira edición da andaina A Laracha unida fronte as violencias machistas na que se convida a participar a persoas de todas as idades. Sairá da Praza do Concello ás 11:30 horas, lugar no que tamén está fixado o punto de regreso tras percorrer unha distancia de cinco quilómetros. Ao remate lerase o manifesto contra a violencia de xénero.
Nos centros educativos
Do mesmo xeito que en anteriores edicións, un dos grupos diana desta programación municipal é o alumnado dos centros educativos do municipio. Todo o alumnado de 3º a 6º de primaria dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión, e o dos catro cursos de ESO do IES Agra de Leborís, participarán durante o horario lectivo nos obradoiros consistentes en tres sesións formativas dunha hora cada unha nos que se abordarán temas como a identificación das diferentes formas de acoso, a análise das relacións persoais baseadas no control, o papel que xogan os medios telemáticos e as redes sociais e o xeito correcto de actuar en caso de detectar ou padecer actos de ciberviolencia de xénero. Farase cunha dinámica participativa e con apoio audiovisual para favorecer a interacción.
A última das tres sesións consistirá na elaboración das láminas que formarán parte dos “Muros 25N” que se exporán en espazos visibles de cada centro.
MÁIS NOVAS DO #25N
- A moción que Boca de Sapo presenta no Concello de Corcubión polo 25N.
- Sonlilá prepara o acto central do 25N en Carnota.
- Corcubión vive o 25N #DeFronte.
- A nova campaña do #25N da Deputación pon o foco no lecer nocturno.
- Sonlilá ofrece dous obradoiros sobre autocoidado co gallo do 25N.
- Zas, primeiro concello en lanzar o programa do 25N.
- Buserana lanza a terceira edición do seu certame de microrrelatos contra a violencia de xénero.