Martes. 30.04.2024
El tiempo

Piden a paralización do Parque Eólico Monteagudo, entre Baldaio e Caión

Vistas de Baldaio
Vistas de Baldaio
Piden a paralización do Parque Eólico Monteagudo, entre Baldaio e Caión

4 aereoxeneradores entre Caión e Baldaio, pegados á liña de costa. Así é o Parque Eólico Monteagudo, que xa conta co rexeitamento dos Concellos de Carballo e A Laracha, que xa presentaron alegacións. Desta volta é o colectivo a Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xefatura da Vicepresidencia primeira que recue na tramitación do proxecto eólico Monteagudo polos severos impactos visuais e paisaxísticos que produciría sobre o sistema lagunar de Baldaio.

Mapa Parque Eolico Monteagudo Baldaio e Caion

O colectivo estende a petición e insta a Xunta a que “non se continúe inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte”, aludindo ás directrices que se aplicaron coa anulación dos proxectos Soesto e Monte Chan, e quedebe estenderse ao de Pena dos Mouros así como aos de Monteagudo e Monte Neme (que lamentablemente conta xa coa Declaración de Impacto Ambiental favorable), para non afectar ás aves e á Rede Natura.

Lembran que o proxecto industrial eólico da mercantil Acciona produce unha especial incidencia visual e paisaxística na Zona de Especial Conservación ZEC Costa da Morte, que a súa vez é Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA, International Bird Area (IBA) e Espazo Mariño ZEPA.
Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito de aplicación do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras, catalogada en perigo de extinción, e afectará a varias especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción.

Consideran ademais o impacto visual “inasumible”

MÁIS NOVAS SOBRE EÓLICOS

Comentarios