Venres. 17.05.2024
El tiempo

Denuncian que o Estudo de Impacto Ambiental do P.E. Monteagudo contén erratas de "corta e pega"

  • O BNG presentou alegacións
01092022 alegacions_lat_monteagudo
Membros do BNG presentando alegacións
Denuncian que o Estudo de Impacto Ambiental do P.E. Monteagudo contén erratas de "corta e pega"

Toda a comarca de Bergantiños está en contra dos actuais proxectos eólicos de Monteagudo e Pedra Queimada. Grupos municipais ao completo teñen manifestado a súa disconformidade cos dous proxectos. Neste caso é o grupo do BNG o que presenta alegacións ao Parque Eólico de Monteagudo por varias razóns.

Consideran que ten que o proxecto non cumple coas Directrices da Paisaxe de Galicia, pois non estudia de forma conxunta todos os proxectos que se están a desenvolver ao mesmo tempo na zona. “Deberían planificar, de forma conxunta co parque eólico, as liñas de evacuación procurando buscar os mellores trazados, de acordo cos criterios sobre liñas eléctricas”, sinalan. Piden por exemplo que a Liña de Alta Tensión (LAT) Monteagudo-Morás, que está moi próxima a outras liñas existentes, se una a estas e se eviten duplicidades. Mesmo solicitan o soterramento da totalidade da LAT.

Aseguran que segundo os mapas de zonificación ambiental para enerxía eólica, publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a LAT Monteagudo atravesa zonas de sensibilidade ambiental máxima, o que nunha interpretación de clara vocación ambientalista e de conservación do medio, excluiría “de facto” a implantación deste proxecto ou outros similares na zona afectada.

Ademais, sdenuncian que o núcleo de Borrazás (Carballo) está a unhas 250 metros da LAT, porén no proxecto non se avalía a distancia dos apoios da liña de alta tensión ás vivendas e núcleos de poboación.

Por outro lado, o proxecto de execución non respecta o disposto na lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza sobre as liñas de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica non seu artigo 20 bis. Ademais, no proxecto fíxase unha distancia a respectar de 2,2 metros cando nunha franxa de 5 metros dende o límite da infraestrutura non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira daquela norma. O Informe non avalían os impactos dos cruzamentos da liña de alta tensión cos ríos Labrada e Carreiro. Tampouco se avalía o valor cultural e arqueolóxico de varios muíños e un hórreo directamente afectado. De igual xeito no proxecto de impacto ambiental non se avalían os efectos da liña sobre o espazo protexido ZEC Costa da Morte, situado a pouco máis de 1 km do trazado da liña. Zona especialmente sensíbel por vivir alí a Píllara das Dunas (Charadrius Alexandrinus), especie en perigo de extinción.

Hai aínda unhas incorreccións máis graves. No Estudo de Impacto Ambiental fanse referencias ao Concello de Vimianzo, das que se colixe que aquel pode ser un “corta e pega” doutro proxecto ou proxectos, o que fai dubidar da rigorosidade dese estudo e polo tanto, do cumprimento dunha esixencia sine qua non sería incomprensíbel que se autorizase o proxecto.

RELACIONADOS

Comentarios