P.E. Pena dos Mouros: Esixen a paralización do terceiro parque eólico que ameaza os Penedos

A sociedade conseguíu gañar dúas batallas contra os eólicos na defensa do espazo dos Penedos de Traba e Pasarela. A Xunta denegou os proxectos de Monte Chan e Soesto. Pero a guerra non está rematada, pois a sombra dos 7 aereoxeneradores do Parque Eólico Pena dos Mouros segue ameazando o conxunto catalogado como Paisaxe Protexida, que mesmo xa ten Plan de Xestión aprobado.
É ADEGA a que esixe á Xunta que denegue o terceiro parque eólico de EDP Pena dos Mouros: “os inasumíbeis impactos xa motivaron o rexeitamento doutros dous parques”, sinala a entidade en relación ás calificacións como negativas das Declaracións de Impacto Ambiental) dos outros dous proxectos.
A entidade denuncia ademais o que se trata doutro intento de fragmentación artificial dun macroproxecto coa finalidade de evitar a competencia autorizatoria do Estado a favor da competencia autonómica: “Se isto non é fragmentación, que veña o TSXG a velo…” sinala con sorna a entidade, lembrando a xurisprudencia que se xa se vén aprobando con respecto a esta práctica ilegal máis ou menos fomentanda pola Xunta.
Lembran que os viraventos de Pena dos Mouros tamén “ ocupan unha área incluída nas dúas propostas de ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza (2008 e 2012).
Máis novas sobre Eólicos
- Marzo 23: A Xunta aproba os proxectos eólicos de Bustelo-Baralláns e do Alto do Torreiro pero denega o de Agrelo e Muriño.
- Marzo 23: Segunda batalla vencida polos Penedos: Declaran desfavorable a DIA do Parque Eólico Monte Chan.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- Galicia rodeará a Xunta en contra da invasión eólica o vindeiro 23 de abril.
- Carta a un irmán: "Eólicas, así non”.
- María José Mato: Un Plan por xustiza.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.