Xabier Maceiras recupera os 100 anos do fútbol, emigración e impacto social, en Arteixo e na Laracha
A historia futboleira dos concellos de Arteixo e da Laracha contada en varios capítulos cunha perspectiva do Real Club Deportivo para contextualizar as diferentes épocas que abarca o libro. Esa é a esencia do libro “100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha”, que vén de publicar Xabier Maceiras. “Un libro non só de fútbol, senón de antropoloxía, cultural e física, de emigración e de viaxes, de xenealoxía e etnoloxía”, feito con moito cariño como recoñece no seu prólogo Moncho Viña.
As dúas imaxes, de portada e contraportada, xa dan conta da intención do libro. Son dúas fotos do mesmo partido (unha en cada portería), disputado entre o Campanal de Loureda e o Paiosaco, a primeiros dos naos 60.
O libro trae moitas historias vinculadas coa diáspora, como a dun equipo filial que o Laracha tiña en 1925 en Bos Aires. Conta a historia de Añón, un emigrante da Laracha que foi presidente do Nacional de Montevideo entre 1955 e 1961. Ramén lembra a Villaverde, un futbolista de Caión que xogou en Uruguai, ou a Suso García, o panadeiro de Paisaco (de Panaderías Suso), que estivo a proba co Real Madrid e que xogou en Segunda B co Racing de Ferrol. Conta cun capítulo arredor Mundialito da Emigración de 1982, onde se xogaron varios partidos en Carballo.
Tamén fala dos míticos irmáns Collazo de Caión; do larachés Quico, que xogou en Segunda B co Bergantiños, de Francisco Vilanova que acabaría sendo xerente do CHUAC; do caionés Pea, que tamén xogou en Segunda B co Bergantiños; de Carlos García, o venezolano da Laracha que debutara en 1ª co Dépor; de David Añón, outro larachés que debutou no Depor en 1ª; de Carlos Varela, outro da Laracha que xogou a Champions League; de Chumi Brandariz, o rapaz da Laracha que debutou no F. C. Barcelona… ou de xentes mais cercanas no tempo como Javi Fuentes ou Repi.
Pero a cousa tamén toca directamente ao fútbol bergantiñán, con historias directamente vinculadas ao Ponteceso, ao Sofán, ao Bergan… De feito, foron varios os equipos da comarca que participaron durante algúns anos na coñecida Liga de Arteixo, que se disputou durante 17 anos, e na que xogaron equipos de Arteixo e A Laracha pero que tamén contou coa participación de equipos como o Deportivo Carballo ou o Ponteceso duyrante as tempadas 72/73 e 73/74.
Novas relacionadas
- 2021: Unha homenaxe aos adestradores que nos deixan o marabilloso legado do Fútbol da Costa.
- 2018: Donato nun libro con acento costeiro.
- 2017: Máis de dous anos do libro dos 50 anos da historia do Fútbol da Costa.
- 2016: Phottic recupera a historia do Fútbol da Costa a base de fotos.
- 2015: “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”.
- 2015: Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- 2013: O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”
- Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Un home que come lume polo fútbol: José López Marcote ‘Manín’.
- Chema Rei: Isidro, un “Home-Ghol”.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: .
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.