Xoves. 28.03.2024
El tiempo

40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI

40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI
COGAMI mellorou os datos de insercion laboral

Menudo traballo o que realiza a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ao longo do país. Na Costa da Morte temos experiencia, pois os coñecemos gracias á súa encomiable labor, como os bravos de Íntegro polo norte, ou de Adisbismur por sur da bisbarra.

Un dos seus grandes obxectivos é a inserción laboral, o gran paso para a igualdade social, e neso traballa, arreo, o seu Servizo de Intermediación Laboral (SIL). Un Servizo que conta cunha bolsa de emprego que ten inscritas a 693 persoas (38 máis que o ano pasado) na comarca de Bergantiños, e que rexistrou en 2014 un balance de 40 persoas con discapacidade inseridas laboralmente, e rexistrou 54 contratacións. Todo un éxito, como indica a coordinadora do SIL, Mari Carmen Ínsua, pois supón un “incremento no número de contratacións pero estas son de peor calidade porque son de menor duración e cunha xornada reducida”.

No seguinte recadro, especifícanse as insercións por concellos da comarca.

Cabana Carballo Coristanco Laracha Laxe Malpica Ponteceso TOTAL
10 12 5 4 3 1 5 40

A crise tamén inflúe

Dende o ano 2012, o servizo reflicte un incremento de persoas interesadas en inscribirse na procura de emprego, que vén provocado pola perda dos seus postos de traballo. Cando chegan ao servizo, o orientador/a laboral, tras unha primeira toma de contacto para coñecer á persoa e, en función das súas capacidades e intereses, traza un itinerario que pode ser tanto formativo como de emprego.

Durante 2014 foron 38 persoas, 27 homes e 11 mulleres, as interesadas en formar parte do Servizo de Intermediación Laboral, interesadas en ser encamiñadas por profesionais para poder atopar un emprego. Con estas novas incorporacións, o SIL de COGAMI conta cunha base de datos formada por 693 persoas na comarca:

Cabana Carballo Coristanco Laracha Laxe Malpica Ponteceso TOTAL
54 350 3887951157 64 693

Orientación ante a baixa formación

Roberto Camba Gomez-Orientador Laboral de COGAMI

Un dos grandes exemplos de como traballa o programa de inserción o temos en Roberto Camba, o orientador laboral da comarca de Bergantiños. Durante dous días á semana desprázase do centro que COGAMI ten en A Coruña ata a zona para realizar as entrevistas de orientación coas persoas usuarias. Estas entrevistas adoitan realizarse nas instalacións dos servizos sociais dos concellos e en Íntegro de Cabana de Bergantiños, entidade que forma parte de COGAMI.
Unha das situacións coas que se atopa tanto Roberto como outros dos orientadores, é que as novas persoas usuarias chegan cun baixo nivel formativo de cualificación, dado que na maior parte dos casos as discapacidades son sobrevidas a determinadas idades e, polo tanto, é necesario orientar á persoa de cara a un proceso de reorientación laboral que pasaría pola formación encamiñada á busca de novas oportunidades laborais adaptadas ás novas esixencias do mercado.

Segundo isto, en 2014 dende COGAMI se realizaron na comarca bergantiñá 2 accións de técnicas de busca de emprego para facilitarlle ás persoas as ferramentas necesarias para a xestión do proceso na busca de emprego, que van dende deseñar o propio curriculum ata estar ao día nos motores de busca de ofertas de emprego. Tamén se impartiron en Cabana de Bergantiños 2 cursos de formación en control de accesos e operacións auxiliares e administrativas aos que asistiron 27 persoas con discapacidade.

As funcións do orientador/a laboral son informar á persoa sobre o mercado de traballo, sobre as ofertas de emprego existentes, sobre as políticas dos servizos públicos de emprego e informar sobre formación de interese adaptada a cada persoa, ademais de contactar coas empresas para lograr captar ofertas de traballo e para sensibilizar ao empresariado na contratación de persoas con discapacidade. En 2014 contactouse con 29 empresas na comarca para dar a coñecer o servizo.

Promoción, tamén na rede

Unha das innovacións do SIL inicia en 2015 coa apertura dun perfil de Facebook SIL COGAMI no que se publicarán ofertas de emprego, convocatorias de interese, cursos, etc. e contestará aquelas dúbidas que poidan xurdir entre as persoas usuarias. O teléfono de contacto do SIL é 605 914 826 e o correo [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios