Venres. 19.04.2024
El tiempo

A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil

A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
O 4,31% da poboación da Costa da Morte ten máis de 85 anos O 4,31% da poboación da Costa da Morte ten máis de 85 anos Ademais do descenso poboacional, a crise económica trouxo consigo un envellecemento da poboación que medra a pasos axigantados. Así se desprende do estudo demográfico do ano 2015 presentado onte polo IGE - Instituto Galego de Estatística -. Tanto no conxunto da comunidade galega como nas cifras relativas aos concellos que compoñen a Costa da Morte, a poboación maior de 85 anos supera á que ten catro ou menos anos. Concretamente, na comarca hai un total de 5.278 persoas cunha idade superior ou igual aos 85 anos mentras que os que teñen entre 0 a 4 anos suman 3.793.   Comparativa da pobación entre o 2005 e o 2015. Fonte: IGE Comparativa da pobación entre o 2005 e o 2015. Fonte: IGE   Esta situación non afecta por igual a todos os concellos da Costa da Morte. O caso máis preocupante é o de Vimianzo, onde no 2015 había 446 habitantes maiores de 85 anos frente aos 220 nenos e nenas en idade de 0 a 4 anos. Conscientes do problema que este dato acarrea para un municipio de pouco máis de 7.800 habitantes, dende o goberno municipal xa tomaron medidas poñendo á disposición das familias con fillos menores de 3 anos un paquete de axudas para o que se destinaron 20.000€. Na parte contraria está o concello de Carballo, no que a pirámide poboacional é máis ancha no grupo de idade comprendido entre os 0 e 4 anos que o dos maiores de 85 anos. Concremente, no 2015 había 1.393 habitantes de curta idade fronte aos 951 maiores. O de Carballo, xunto co de Cee, son os únicos concellos da Costa da Morte nos que a poboación infantil superou á máis vella durante o pasado ano. Pérdida poboacional Datos por idade nos concellos da Costa da Morte. Ano 2015. Fonte: IGE Datos por idade nos concellos da Costa da Morte. Ano 2015. Fonte: IGE Outro dos indicadores demográficos preocupantes que se desprende dos datos do IGE relativos ao 2015 é o descenso poboacional tanto na Costa da Morte como no conxunto da comunidade galega. Nunha década, a comarca perdeu máis de 7.350 habitantes, sendo o concello de Coristanco o que rexistrou unha maior pérdida poboacional fronte aos datos do 2005. Concretamente, en dez anos houbo aquí un descenso de 1.014 persoas físicas. Os únicos munipios da Costa da Morte que incrementaron a súa poboación na última década son os de Carballo - con 1.850 habitantes máis - e o de Cee - cun aumento de 348 persoas -. Esta situación repítese nos datos recollidos polo IGE no periodo anterior. Por comarcas, é a do Terra do Xallas, formada por Vimianzo, Zas e Camariñas, a que máis poboación perde de toda Costa da Morte. Segundo o IGE, no último ano esta zona perdeu o 2,2% da súa poboación.  Datos por sexo nos concellos da Costa da Morte. Ano 2015. Fonte: IGE Datos por sexo nos concellos da Costa da Morte. Ano 2015. Fonte: IGE Por sexos Outro dos cambios demográficos dos últimos tempos mídeos o indicador do sexo xa que as mulleres pasaron a ser maioría tanto no conxunto da Costa da Morte como no da comunidade galega. Así, durante o 2015, había 64.942 mulleres na comarca frente aos 62.189 homes. O exemplo máis desigualitario está no concello de Carballo, onde o sexo feminino supera en 614 persoas ao masculino. O caso contrario rexístrase en Fisterra, onde os homes sobrepasaron ás mulleres cunha diferenza de 70 persoas.  

Máis información

   

Estudios relacionados

                       

Máis novas

               

Máis novas

               

Fonte

   
      • IGE.
           

Comentarios