Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe

Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
Proxecto Eolico de Mourinos-Cabana Reoresentación virutal do Proxecto Eólico de Mouriños, situado no concello de Cabana, e parte de Zas

Súmase Adega ás reivindicacións de Salvemos Cabana, a SGNH, ou Petón do Lobo en contra dos parques eólicos de Mouriños (Cabana e Zas) e Pena Forcada (Laxe). A entidade conservacionista quere poñer de manitesto o “alto impacto” e o “canon reducido” que deixarán nas zonas afectadas.

Adega critica que a Xunta autorizase a instalación a ENEL-Unión Fenosa Renovables de 3 muíños de 150 metros de alto no parque de Forcada-Catasol II, a pesar do reiterado rexeitamento de todos os estamendos do Concello de Laxe. Critica que o parque apenas se situará a 300 m do mar da praia e da lagoa de Traba, unha zona de alta importancia avícola.

Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, situado en Laxe Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, situado en Laxe

”Canon reducido”

Adega lembra que a Xunta xustificou o permiso desta clase de instalación co canon eólico que cobran os concellos. O que non explicou a Xunta é que o “o canon eólico grava as instalacións por número de muíños e non por potencia instalada ou por produción”. Así, o Fondo de Compensación Ambiental apenas recibirá 2.300€ ao ano polos dous parques, xa que ambos terán 4 ou menos aereoxeneradores.

”Caótica planificación”

Deste xeito, consideran que “a planificación eólica do PP foi moi favorábel para os grandes grupos empresariais e moi lesiva para o interese público e o medio ambiente. Os graves impactos ambientais e a ínfima xeración de postos de traballo e de dinámicas económicas positivas no tecido socioeconómico, particularmente no rural, alén dos custos económicos directos de sentenzas e indemnizacións, fan urxente mudar a situación”.

Adega considera evidente manter “zonas de exclusión libres de muíños por razóns ambientais, paisaxísticas, patrimoniais…”.

Salvemos Cabana condena as pintadas

A Plataforma Salvemos Cabana quere deixar claro que “rexeita taxativamente“ as pintadas efectuadas en sinais de tráfico” do Concello cabanés. “Aínda que Borneiro (xunto con Cesullas e Canduas) é a parroquia de Cabana de Bergantiños máis afectada polo proxecto eólico Mouriños, este tipo de actitudes non teñen cabida dentro do razoable”, deixan claro.

 

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios