Ambientalistas de Bergantiños, presentes no debate do TTIP do Parlamento Europeo
Sete asociacións da comarca de Bergantiños falarán en Bruselas sobre o TTIP (Tratado de libre comercio entre a UE e EEUU). Farano a través da representante común Lola Schutz, membro da Asociación ambiental Contramínate de Laxe, que participará en dúas quendas o vindeiro xoves 7 de setembro, para defender as peticións 678/2015 e 696/2015, a partir das 10:45 horas na sede do Parlamento europeo.
As deputadas Lidia Senra de Alternativa galega de esquerda en Europa e Lola Sánchez do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica xa manifestaron expresamente o seu apoio á petición presentada polas asociacións.
As asociacións representadas e autoras da petición conxunta ante o Parlamento europeo son: Asoc. ambiental Contramínate, Asoc. de Veciños de Cereo, Asoc. Veciñal, Cultural e Deportiva “río Lourido”, Asoc. galega Cova Crea, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo e a Asoc. amig@s dos bosques “Ouriol do Anllóns”.
A retransmisión en liña pódese seguir tanto en directo como en diferido no enlace:
Que é o TTIP
O Tratado prevé a protección dos investimentos estranxeiros mediante a inclusión do mecanismo de Solución de Controversias entre Investidores e Estados (ISDS polas súas siglas en inglés, Investor-to-State Dispute Settlement), que outorga o dereito exclusivo aos investidores estranxeiros de demandar a un estado, ante tribunais privados pouco transparentes, por promover políticas laborais ou ambientais que choquen cos intereses das empresas. A falla de transparencia coa que se están producindo as negociacións do Tratado e o protagonismo das multinacionais nestas, as filtracións de textos da negociación e os cambios lexislativos realizados na normativa europea, apuntan a que o TTIP reforzará a política de recortes, privatizacións e destrución de dereitos sociais e ambientais.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).